Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal inicia accións para denunciar o destamantelamento do servizo de Atención Primaria

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal convoca unha concentración para este sábado 3 de xullo (12 h) na Praza do Calvario

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal convoca unha concentración para este sábado 3 de xullo (12 h) na Praza do Calvario

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Julio de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal iniciará esta semana unha serie de accións para denunciar o constante desmantelamento que está a sufrir o servizo de Atención Primaria no municipio. Por este motivo, convoca a todo a veciñanza a participar este sábado 3 de xullo a participar na concentración que se celebrará ás 12.00 horas na Praza do Calvario para poñer de manifesto unha vez máis a situación de precariedade provocada principalmente pola falta de medios persoais e as deficiencias nas instalacións.

Durante a concentración as persoas participantes poderán escoitar o testemuño dunha das médicas do centro de saúde. Ademais a Plataforma recollerá sinaturas para que se tomen medidas ante o progresivo deterioro do servizo que se entregarán nos vindeiros días na delegación da Consellería de Sanidade e na xerencia do SERGAS.

Por outra banda, dende este mesmo xoves a veciñanza que acuda ao centro de saúde poderá ver un cartel no que se irá poñendo cada día información sobre o persoal que está de servizo nesa xornada. O obxectivo é poñer de manifesto as carencias continuas deste centro de saúde, no que os rosaleiros e rosaleiras xa non dispoñen de matrona nin pediatra e no que non se substitúe ao persoal sanitario cando está de baixa ou colle vacacións. A Plataforma irá publicando diariamente nas redes sociais todas estas carencias.

Anos de deficiencia

O servizo de Atención Primaria dos concellos do Baixo Miño leva xa anos nunha situación de precariedade provocada principalmente polas deficiencias nas  instalacións e a falta de medios persoais, que no Rosal implica que o persoal sanitario atenda a un número de pacientes que supera as recomendacións dos colexios médicos e da OMS.

A situación agravouse de xeito importante durante a pandemia. A carencia de espazo e de dotación material do Centro de Saúde obrigaron a desprazar á Guarda o servizo de pediatría e a pechar a consulta de San Miguel. Ademais, a implantación da atención telefónica supuxo un afondamento no deterioro do servizo, ademais de poñer ás profesionais do centro nunha situación límite ao enfrontarse a unha multiplicación da carga de traballo e a unha sobrecarga emocional, xa que unha parte da poboación os fai responsables do deterioro do servizo.

Nunha reunión co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a alcaldesa Ánxela Fernández explicoulle os problemas da atención primaria no Rosal. Neste encontro, aínda que o conselleiro admitiu a existencia de carencias de persoal e expresou a intención de convocar unha praza de médico, non apreciou a necesidade de reforzar o servizo de pediatría nin comprometeu melloras nas instalacións.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí