Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Rosal mellora a conexión entre a PO-353 e PO-354 cunha reforma integral do Camiño da Pousa

O Concello do Rosal acomete unha renovación completa desta vía estratéxica, incluíndo servizos básicos como a traída de auga e a contorna da Praza da Mareca, dentro do seu plan de mobilidade segura e sostible.

O Concello do Rosal acomete unha renovación completa desta vía estratéxica, incluíndo servizos básicos como a traída de auga e a contorna da Praza da Mareca, dentro do seu plan de mobilidade segura e sostible.

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Abril de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O Camiño da Estrada da Pousa xa luce unha nova imaxe tras a finalización das obras de mellora integral realizadas polo Concello do Rosal. Con esta actuación, a administración local dá un paso máis dentro do seu plan estratéxico para modernizar a rede viaria municipal, garantindo unha mobilidade máis segura, eficiente e sostible para a veciñanza.

Conectando dúas vías autonómicas principais —a PO-353 e a PO-354—, este camiño constitúe un eixo vertebrador da circulación interna do municipio. O alto nivel de deterioro que presentaba, derivado do uso constante e do paso do tempo, motivou a intervención do Goberno municipal, que optou por unha reforma completa máis alá do simple asfaltado.

O proxecto, cun investimento superior aos 51.000 euros financiados con fondos municipais e do Plan Marco de mellora de camiños municipais de Agader, incluíu o recrecido de pozos e rexas, a reparación do firme, a limpeza e o roce das marxes, así como melloras "invisibles" pero fundamentais como a renovación das tubaxes da traída municipal e a canalización de augas pluviais.

A rexedora do Rosal, Ánxela Fernández Callís, destacou que esta obra “forma parte dunha folla de ruta clara do Goberno municipal que aposta por camiños seguros, cómodos e ben conectados. Non queriamos quedarnos nun simple asfaltado, senón garantir a durabilidade e a calidade coidando tamén as infraestruturas subterráneas”.

A intervención tamén supuxo a posta en valor da contorna da Praza da Mareca, un espazo moi frecuentado pola veciñanza que agora mellora en accesibilidade, estética e integración coas novas infraestruturas da zona.

Pola súa parte, o concelleiro de Vías e Obras, Germán Fernández, asegurou que “esta intervención é un exemplo do tipo de obra que queremos impulsar: funcional, planificada e pensada para o futuro. Cada camiño no Rosal é unha peza clave no noso mapa de cohesión territorial”.

Con esta actuación, o Concello do Rosal consolida o seu compromiso cunha rede viaria moderna, segura e adaptada ás necesidades reais da cidadanía.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí