Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal ofrece este venres unha charla sobre a autonomía persoal e a súa importancia no crecemento dos nenos e nenas

Será ás 19.00 horas no Centro Social Polivalente con entrada libre dentro do programa do Concello -Educando en familia-

Será ás 19.00 horas no Centro Social Polivalente con entrada libre dentro do programa do Concello -Educando en familia-

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Diciembre de 2021

Fuente: Concello do Rosal

O programa “Educando en Familia” do Rosal, un espazo para que pais e nais poidan atopar resposta a moitas das inquedanzas que se dan no día a día, así como ferramentas para poder afrontalas, remata o seu primeiro trimestre este venres. Será coa charla “Autonomía persoal: importancia no desenvolvemento e aprendizaxe das crianzas”, que se vai impartir ás 19.00 horas no Centro Social Polivalente. A alcaldesa, Ánxela Fernández, lembra que a entrada é libre ata completar aforo, aínda que para asegurar a asistencia as persoas interesadas poderán inscribirse previamente a través da web municipal. Ademais, ofrecerase servizo de canguro para facilitar a asistencia e conciliación de todas e todos os participantes.

A charla vai ser impartida pola terapeuta ocupacional, Lorena Guerra, e tratará sobre “a importancia de acompañar as crianzas no proceso de creación da súa autonomía persoal, e de como podemos detectar dificultades para que consigan potenciala e de estratexias que lles permitan facelo por si mesmos”. Tamén se abordará a importancia da relación entre autonomía e aprendizaxe escolar.

Esta charla é a última das catro que se organizaron este trimestre, pero o programa “Educando en Familia” co que o Concello estableceu un espazo onde as familias do Rosal poden escoitar e preguntar todas as súas dúbidas sobre a súa relación cos seus pequenos e pequenas, volverá ao inicio do ano que vén.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí