Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Rosal pecha as súas Xornadas de Patrimonio achegándose a unha das minas romanas subterráneas máis grandes de Galicia

Este sábado 12 de novembro o Centro Social Polivalente acolle unha charla do xeólogo Óscar Pazos sobre a mina galaico-romana de ouro das Bornas

Este sábado 12 de novembro o Centro Social Polivalente acolle unha charla do xeólogo Óscar Pazos sobre a mina galaico-romana de ouro das Bornas

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Noviembre de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal pecha esta fin de semana a segunda edición das súas Xornadas de Patrimonio, unha serie de actividades gratuítas para todos os públicos levadas a cabo durante os meses de outubro e novembro “para dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio material e inmaterial rosaleiro e do Baixo Miño”, como explica a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís.

Estas xornadas baixan o pano achegándose á que é unha das minas romanas subterráneas máis grandes de Galicia, á das Bornas, en Tabagón. Así, este sábado 12 de novembro o xeólogo Óscar Pazos falará ao público asistente da mina galaico-romada de ouro das Bornas, un patrimonio de máis de dous mil anos de antigüidade cunha extensa rede que o propio Pazos sacou á luz estudando a zona tras a localización de novos pozos durante os labores de limpeza dos comuneiros de San Miguel e Pías. A aparición de varios dos principais foxos mineiros da Borna Grande permitiu facer unha exploración do seu interior mediante xeofísica de resistividade e coñecer un pouco máis sobre o interior desta mina de ouro con labouras subterráneas que alcanzan cando menos os 25 ou 30 metros de profundidade, o que a converte nunha das minas subterráneas máis grandes das coñecidas en Galicia.

Óscar Pazos, xeólogo dende 1992, comezou a investigar a minaría galaico-romana de ouro por casualidade e xa leva unha década afondando nela. En 2018 publicou o libro ‘A invención da Gallaecia e a minaría de ouro’, do que agora está a escribir unha nova edición. Ademais, tamén presenta os novos achados en congresos e publicacións especializadas, aínda que o que máis lle gusta é facer andainas polas minas para ensinarllas á veciñanza e ás persoas interesadas no patrimonio e na historia do Rosal.

A charla será no Centro Social Polivalente ás 11.00 horas e, tras ela, ás 12.00 horas, organizarase unha visita guiada á mina romana da Borna. A alcaldesa convida a toda a veciñanza “a participar nesta nova actividade dunhas xornadas que buscan achegar a todos os rosaleiros e rosaleiras a aspectos fundamentais para coñecer, entender e valorar como é o noso concello hoxe en día”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí