Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal pon a punto os seus centros escolares

-Queremos que os rapaces e rapazas volvan ao colexio e desfruten dunhas instalacións melloradas-, afirma a alcaldesa, Ánxela Fernández

-Queremos que os rapaces e rapazas volvan ao colexio e desfruten dunhas instalacións melloradas-, afirma a alcaldesa, Ánxela Fernández

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Septiembre de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

O Concello do Rosal tamén se prepara para a volta ao colexio. Estes días está a realizar obras para por a punto os seus centros escolares. “Queremos que os nosos rapaces e rapazas desfruten dunhas aulas melloradas”, destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández. A rexedora visitou esta semana cada un dos centros para coñecer de primeira man o estado dos traballos.

Entre as melloras que se realizaron están os habituais desbroces, e o mantemento en xeral. No CPI Manuel Suárez Marquier pintáronse dúas aulas, así como a aula croma, un espazo verde que facilitará o traballo audiovisual que desenvolvan no centro. Tamén se arranxou a rede, e limpáronse as canalizacións.

O Concello tamén acometeu varias obras de mellora nas escolas unitarias. Pintáronse as aulas da escola de Couso, así como o almacén da sede do CRA María Zambrano. Cambiáronse os calefactores eléctricos, e en Couso instaláronse novos puntos de calefacción. A escola de Novás recibiu novos estores. Ademais, en todos os centros realizáronse as revisións oportunas tanto do sistema eléctrico e dos distintos aparellos como da fontanería.

Na Escola Infantil A Galiña Azul cambiáronse todas as luminarias por unhas led, pintáronse varios cuartos, déuselle cera aos pisos, leváronse a cabo os traballos de limpeza das ventás e repintouse a zona de aprendizaxe de circulación viaria do centro.

A todos estes traballos hai que sumarlle ás accións de mellora da eficiencia enerxética e do confort para contribuír na conservación das escolas unitarias, e na protección do medio ambiente, que realizará o Concello. O proxecto conta cun orzamento de 200.00 euros e arrancará coa transformación da escola unitaria de Pías, que foi licitada o mes pasado.

A reforma do CRA de Pías transformará o centro en termos de eficiencia enerxética, implementando medidas que axudan a reducir ao mínimo o consumo e mellorando en gran medida o confort interior.  A alcaldesa explica que para o Concello “as seis escolas unitarias do Rosal son unha prioridade”, que permiten “fomentar unha educación de proximidade e responsabilidade coa nosa contorna entre os nenos e nenas”. Ademais a rexedora tamén destaca que estas obras son un exemplo da aposta do Concello pola sostibilidade ambiental, e pola recuperación e mellora de edificacións cun gran valor patrimonial no Rosal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí