Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Rosal pon en marcha -Mulleres que inspiran- para achegar referentes femininos á rapazada

Os 120 nenos e nenas dos campamentos de verán de Concello, do Valinox Novás e da Agrupación Musical do Rosal coñeceron a mulleres que destacan en diferentes eidos do mundo do deporte

Os 120 nenos e nenas dos campamentos de verán de Concello, do Valinox Novás e da Agrupación Musical do Rosal coñeceron a mulleres que destacan en diferentes eidos do mundo do deporte

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Julio de 2023

Fuente: Concello do Rosal

Promocionar a igualdade e previr a violencia de xénero a través de referentes femininos no eido laboral, cultural, artístico, científico... Ese é o obxectivo de ‘Mulleres que inspiran’, un programa posto en marcha polo Concello do Rosal para continuar revolucionando mentes e camiñar cara a unha igualdade real dando a coñecer e achegando figuras femininas de calado tamén á rapazada e mocidade.  

Máis de 120 nenos e nenas dos campamentos de verán do Concello, do club de balonmán Valinox Novás e da Agrupación Musical do Rosal participaron dúas xornadas de convivencia que contaron coa participación de dúas mulleres deportistas profesionais de disciplinas historicamente masculinas e dúas xornalistas deportivas que deron visibilidade ao deporte practicado por mulleres. Como salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, “con estas actividades buscamos desmitificar a supremacía do deporte masculino, relatando as súas experiencias persoais neste mundo e animando a todos os nenos e nenas dos campamentos a realizar diferentes deportes de forma profesional”.

Durante estes días, ademais da visita da rexedora, nenos e nenas puideron coñecer na primeira xornada a historia de Paula Montes, licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Periodismo Deportivo pola Universidade Rey Juan Carlos de Madrid e cunha ampla traxectoria no mundo do xornalismo deportivo, encargándose na actualidade da información deportiva en Radio Vigo Cadena Ser, ademais de exercer en informativos e ser presentadora en Televigo.

Xunto con ela estivo a remeira Thitina Fariña, deportista de 17 anos e estudante de Bacharelato que leva dende finais da educación primaria en contacto co remo de banco fixo. Leva 7 anos practicando remo, as últimas tres tempadas no C.R. Chapela, ocupando a día de hoxe o posto de patrona.

Na segunda xornada as participantes foron a xornalista Samantha Konopczyk e a ex xogadora e adestradora de balonmán Laura Morais. Konopczyk, neta da diáspora galega que emigrou ao Brasil na posguerra, leva afincada na Guarda máis de 20 anos. Leva máis de 15 anos traballando en distintos medios, ten un Máster en Igualdade de Xénero e oito anos de experiencia como profesora de ioga para persoas adultas e crianza, o que achegou aínda máis ao mundo do deporte e a vida saudable.

Pola súa banda, Morais foi xogadora de primeira liña en categorías base convertida a extremo esquerdo na máxima categoría e reconvertida nos dous últimos anos en central. Pertenceu durante moitas tempadas ao club Mecalia Atlético Guardés, xogando tamén noutros equipos de España. Acadou diversos logos deportivos tanto na Liga Guerreras Iberdrola, a Copa da Raíña, na EHF Cup co Guardés e coa selección galega.

Co proxecto ‘Mulleres que inspiran’ o Concello do Rosal busca camiñar cara á igualdade a través de diferentes liñas de actuación para proporcionar visibilidade ás mulleres e aos seus logros, favorecer a erradicación das desigualdades de xénero, por sobre a mesa os mecanismos que favorecen a violencia de xénero e promover a formación en igualdade de oportunidades e a reflexión sobre todo tipo de violencia.

Ademais dunha liña centrada no deporte, o programa conta con outras, como os encontros con profesionais, que achegou ao alumnado da ESO do CPI Manuel Suárez Marquier á historia de José Vicente e Jacobo Pereira, traballadores de ámbitos feminizados, e de Sara Varela e Mirian Vicente, profesionais do eido tecnolóxico.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí