Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal pon en marcha o Consello Municipal de Desenvolvemento Local

No Consello participan máis dunha vintena de axentes sociais con experiencia en diferentes ámbitos

O obxectivo é crear un espazo que sirva como viveiro de ideas para unha estratexia integral de desenvolvemento a curto, medio e longo prazo

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Octubre de 2020

Fuente: Concello do Rosal

O Concello acaba de poñer en marcha o Consello Municipal de Desenvolvemento Local, unha ferramenta pioneira que servirá para facer unha diagnose da situación actual do municipio e traballar nunha estratexia integral de crecemento do Rosal con accións a realizar a curto, medio e longo prazo. Trátase dun primeiro paso para fomentar a participación veciñal, imprescindible para manter unha relación acaída coa realidade social do municipio, creando unha ferramenta cun marcado carácter consultivo que servirá para analizar e reflexionar sobre os diferentes aspectos de cada ámbito de actuación.

O Consello está formado por unha vintena de persoas de todas as idades con experiencia en diferentes ámbitos de actuación e vinculadas ao sector primario e servizos, á cultura, aos coidados, á eido deportivo, aos seguros, á hostalaría... pero cun eixo en común, o de “apostar agora e sempre polo desenvolvemento do Rosal e a súa comarca e crer na posibilidade dun maior desenvolvemento futuro do concello”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

A iniciativa conta coa colaboración de dous recoñecidos economistas: Xabier Pérez Davila, profesor moi vencellado ao Rosal, e Xavier Martínez Cobas, profesor universitario vinculado ao ámbito da diagnose e a estratexia económica. Neste primeiro encontro, achegaron aos axentes sociais  algúns datos xerais comparativos entre os concellos da comarca (O Rosal, Tomiño, A Guarda e Oia) para ver o punto de partida no que se atopa o municipio rosaleiro e, a partir de aí, traballar nas diferentes liñas de debate creadas.

O obxectivo final é crear un espazo de suma de sinerxías, experiencias, ideas e valores dende unha perspectiva positiva e nun ámbito teórico e práctico “para comezar a camiñar no desenvolvemento local do Rosal de xeito estratéxico coas nosas potencialidades. Porque aínda que hai cuestións sobre as que dende o Concello non temos competencias, si temos a incumbencia”.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí