Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal pon en marcha un ciclo de charlas para que a reciclaxe non soe a chino

Percorrerá os diferentes barrios do concello durante o mes de marzo

Percorrerá os diferentes barrios do concello durante o mes de marzo

Fecha: 29 de Febrero de 2020

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal porá en marcha este mes o ciclo de charlas ‘Li-xo, que non che soe a chino', unha serie de encontros por diferentes barrios do municipio para explicar á veciñanza como funciona a xestión do lixo que se produce nas casas e resolver calquera tipo de dúbida sobre a reciclaxe. "Queremos compartir coa veciñanza o noso interese e compromiso na xestión sustentable do lixo no Concello, unha cuestión moi importante dado que a xestión do lixo supón o 10% do gasto municipal", aseguran dende o departamento de Medio Ambiente.

Serán en total once charlas abertas a todos os públicos que comezarán o vindeiro martes 3 de marzo e rematarán o 2 de abril. O calendario será o seguinte:

- Martes 3 de marzo (11.00 h). Centro Social de Eiras.
- Xoves 5 de marzo (11.00 h). Escola do Maio (Tabagón).
- Xoves 5 de marzo (19.00 h). Sociedade de Veciños de San Miguel.
- Martes 10 de marzo (11.00 h). Escola de Marzán.
- Xoves 12 de marzo (17.00 h). Escola de Novás.
- Martes 17 de marzo (11.00 h). Escola de San Xián.
- Martes 24 de marzo (11.00 e 17.00 h). Biblioteca Municipal (Calvario).
- Xoves 26 de marzo (17.00 h). Asociación de Veciños Río Folón (Fornelos).
- Martes 31 de marzo (20.00 h). Bar San Martiño (Martín).
- Xoves 2 de abril (19.00 h). Escola de Pías.

Estes horarios poden estar suxeitos a modificacións. No caso de que algún deles cambie, o novo horario comunicarase á veciñanza coa suficiente antelación.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones