Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal pon en marcha un novo Consello Municipal para traballar a prol do medio ambiente

Integrado por representantes de persoas e representantes de asociacións relacionadas coa natureza e medio ambiente, este novo órgano consultivo permitirá reunir ideas e propostas sobre este eido

Integrado por representantes de persoas e representantes de asociacións relacionadas coa natureza e medio ambiente, este novo órgano consultivo permitirá reunir ideas e propostas sobre este eido

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Marzo de 2021

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal continúa dando pasos para afianzar o seu compromiso co medio ambiente, coa preservación da contorna e coa natureza. Neste camiño acaba de constituírse o Consello Municipal de Medio Ambiente, un novo órgano consultivo integrado por persoas e representantes de asociacións relacionadas coa natureza e co medio ambiente que servirá como foro aglutinador de ideas, propostas, preguntas e respostas sobre as actuacións medioambientais que se están levando a cabo no concello, así como calquera outra cuestión relacionada con este eido. “Para nós é importante contar en todos os campos coa participación da veciñanza e do tecido asociativo, sempre tan participativo e unha das marcas de identidade do Rosal. E este novo consello municipal será unha ferramenta máis nese camiño que comezamos hai xa tempo cara un concello máis sustentable, realizando todos os cambios de forma estratéxica e planificada”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Na reunión de constitución deste novo consello, celebrada por videoconferencia, ademais da rexedora e dos concelleiros de Medio Ambiente e Participación Veciñal, Sara Vicente e Ramón Fernández Leal, participaron tamén César Blanco, enxeñeiro de montes e integrante do departamento de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela; Isaac González, antigo presidente da comunidade de montes do Rosal; Patricia Muñoz, empresaria e activista medioambiental; Manuel Sobrino, autor do blog ‘El naturalista cojo’; Charo Tabales, concelleira de medio ambiente no anterior equipo de goberno e actual concelleira do PP; e Ignacio Ojea, que participou no Inventario de Recursos do Baixo Miño.. O consello tamén contará coa participación de Carlos Villanueva, concelleiro de Educación; Ignacio Rivas, activista medioambiental; e Miguel Sousa, da asociación forestal e de educación ambiental A Jalleira.

Este encontro serviu para facer unha primeira toma de contacto entre as persoas participantes e para explicar as liñas xerais das accións inmediatas que está a desenvolver o Concello no eido medio ambiental, referíndose especialmente aos proxectos postos en marcha grazas á consecución de dúas subvencións de arredor de 78.000€ de fondos Feder Galicia 2014-2020 para o fomento da compostaxe entre a poboación e para a creación dun espazo de autorreparación a través do que concienciar á veciñanza para ir cada vez máis cara modelos de economía circular, coa reparación, reutilización e intercambio de materiais como eixo central para alongar a vida útil dos obxectos. Este espazo tamén servirá como centro de divulgación medio ambiental onde se acollerán charlas relacionada coa reciclaxe, a redución, a reutilización..., obradoiros e outro tipo de actividades relacionadas.

Dende o Consello propuxéronse tamén novas ideas a ter en conta, como a importancia que debe ter a relación entre medio ambiente e educación, a oportunidade de destacar todas as posibilidades que ten o Baixo Miño como espazo natural ou temas a estudar nun futuro inmediato como o cambio climático, a enerxía eólica e os espazos públicos. Tamén, entre outros temas, se abordaron cuestións relacionadas coas rutas polo monte, propostas como forma para coñecer O Rosal. Neste sentido o Concello xa está a traballar coas comunidades de montes para explorar a posibilidade de sinalar os sendeiros dos que dispón o municipio. Durante a reunión tamén se propuxo ter un plan de traballo no que abordar as problemáticas identificadas dende unha perspectiva práctica e facer partícipe á veciñanza para que transmita as carencias ou necesidades que detecta.

Este é xa o sexto consello municipal que pon en marcha o Concello do Rosal tras o de Desenvolvemento Local, Igualdade, Deporte, Cultura e Educación, cos que se busca crear un espazo de suma de sinerxías, experiencias, ideas e valores dende unha perspectiva positiva nos distintos ámbitos da vida da localidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí