Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Rosal prepara o seu calendario anual máis participativo

O Concello abre o prazo para participar na creación do almanaque de 2024 coas mellores imaxes enviadas pola veciñanza

O Concello abre o prazo para participar na creación do almanaque de 2024 coas mellores imaxes enviadas pola veciñanza

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Enero de 2023

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal xa está comezando a preparar o calendario para o 2024, un almanaque que, como explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, “vimos editando dende hai xa tres anos e repartindo de xeito gratuíto entre a veciñanza, unha oportunidade para dar difusión á identidade do noso municipio dende diferentes puntos de vista como o patrimonio, a natureza, os colectivos...”.

Para elaborar o calendario do ano 2024 o Concello abriu un proceso participativo co obxectivo de dar a quen o desexe a oportunidade de colaborar achegando as súas fotos, que terán como temática común os ‘Camiños do Rosal’ e a través do que se amosarán corredoiras, pistas, sendas, estradas... do concello rosaleiro.

A participación está aberta ao público xeral, que poderá presentar ata un máximo de 10 fotografías en cor, formato horizontal e cunha calidade orientativa de 300pp acompañadas dunha ficha na que se indique o nome do autor ou autora, un enderezo electrónico e teléfono de contacto, o nome e localización do camiño o máis precisa posible e a data na que foi tomada a imaxe. As fotografías deberán ser enviadas en formato dixital a calendario2024@orosal.gal como máximo ata o 31 de outubro de 2023 ás 23.59 horas.

Entre todas as fotografías presentadas farase unha selección de 13 imaxes que formarán parte do calendario editado polo Concello para o vindeiro ano. O xurado, formado por persoal municipal e fotógrafos do concello, terá en conta para a selección a calidade técnica e artística e que as imaxes recollidas representen a meirande variedade posible de camiños en canto a localizacións.  

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí