Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Rosal prepárase para o Entroido

Xa está aberta a inscrición para o concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais. O desfile será o 27 de febreiro ás 11 h

Xa está aberta a inscrición para o concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais. O desfile será o 27 de febreiro ás 11 h

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Febrero de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal prepárase para volver vivir o Entroido. Tras o parón pola crise sanitaria, o Concello convoca un ano máis o concurso de carrozas, comparsas, grupos, disfraces individuais e entroido tradicional que encherá de cor o desfile que se celebrará o domingo 27 de febreiro ás 11.00 horas na vila. O desfile percorrerá a rúa Xulio Sesto, dende a Rotonda da Feira e a rúa de Ramón Franco, ata o cruce coa Lomba.

As persoas e asociacións interesadas en participar poderán inscribirse a través do Rexistro do Concello ata o mércores 16 de febreiro ás 14.00 horas.

O concurso contará por primeira vez cunha categoría específica de entroido tradicional. Ademais haberá premios para as carrozas, cun grupo mínimo de 6 persoas representando algún tema enriba dun elemento móbil; as comparsas, que deberán contar cun mínimo de 10 persoas; os grupos, de entre 3 e 9 persoas; e o individual, que inclúe a parella para aqueles disfraces que requiran de participación conxunta, a modalidade infantil e a xuvenil-adulto. En total repartiranse máis de 3.350 euros en premios entre os primeiros, segundos e terceiros postos de cada categoría.

O desfile realizarase con todas as medidas de prevención e sempre que a normativa sanitaria o permita. En caso de non poder celebrarse no seu formato habitual, o Concello estudará a posibilidade de adaptar o evento ás medidas e protocolos vixentes no momento.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí