Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal presenta o proxecto de renovación e mellora do seu mercado

Coa reforma da praza de abastos búscase camiñar cara un mercado de excelencia para dinamizar o comercio local, apostar polo consumo de produtos de proximidade e darlle vida á contorna

Coa reforma da praza de abastos búscase camiñar cara un mercado de excelencia para dinamizar o comercio local, apostar polo consumo de produtos de proximidade e darlle vida á contorna

Fecha: 25 de Julio de 2020

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal remodelará a súa praza de abastos para transformala nun centro de comercio local e de proximidade que dinamice a contorna e que conte con todas as implementacións necesarias para ser un mercado de excelencia. O Concello invita a toda a veciñanza a participar o vindeiro martes 28 de xullo a partir das 20.00 horas na presentación do proxecto de renovación e mellora no Salón de Exposicións do Concello do Rosal (baixo do Concello).

Este novo proxecto, enmarcado no plan de desenvolvemento local, é unha aposta do Concello polo comercio de proximidade e pola concepción do mercado como un punto de dinamización económica e social do núcleo urbano, promovendo actuacións que fagan o comercio local máis atractivo e competitivo, fomentando a compra de produto local de proximidade e convertendo a praza de abastos nun lugar de encontro e convivencia dos veciños e veciñas. "Queremos que o Mercado se converta nun polo de atracción para novas persoas emprendedoras, para o comercio local e para a propia veciñanza", sinala a alcaldesa, Ánxela Fernández.

Con estas melloras o Concello da os primeiros pasos para converter a praza de abastos nun mercado de excelencia, selo outorgado pola Xunta de Galicia a aqueles mercados capaces de responder aos retos de modernización e innovación sen perder a súa autenticidade e tradición, a proximidade coa veciñanza e o trato personalizado. Para acadar este distintivo de excelencia, a Xunta valorará, entre outras cousas, a mellora das instalacións do mercado, que debe ser tamén accesible; a creación e mellora dos servizos para a clientela; a organización, unidade de xestión e profesionalidade dos praceiros e praceiras; a atención ao cliente e a prestación de servizos; e a implicación e integración do mercado na vida social do concello.

Para a celebración deste acto estableceranse todos os protocolos de prevención necesarios para garantir a saúde de toda a veciñanza participante.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones