Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Rosal proxecta a reforma integral da escola unitaria de Tabagón

O Concello traballa na elaboración do proxecto que permitirá captar fondos europeos para rehabilitar este centro educativo

O Concello traballa na elaboración do proxecto que permitirá captar fondos europeos para rehabilitar este centro educativo

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Agosto de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal continúa traballando para reforzar e modernizar a súa educación de proximidade. Trala reforma da Escola de Pías, o vindeiro obxectivo do Concello será rehabilitar a unitaria de Tabagón. Para conseguilo, o goberno municipal está a facer un grande esforzo para captar financiación europea a través do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (Pirep Local), enmarcado dentro do Fondo Next Generation.

Esta liña de axudas foi aberta polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma). O Rosal fará efectiva a súa candidatura grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra para a asistencia técnica de redacción deste proxecto de mellora de eficiencia enerxética da escola de Tabagón, que ascende a case 8.500 euros.   

O Concello puxo en marcha un proceso participativo xunto co equipo de direccio?n e os profesorado para debater e incluir todas as súas demandas co fin de darlle ao proxecto un enfoque integral e non limitarse á súa mellora enerxe?tica.

Actualmente, estase redactando o proxecto te?cnico contratado para a súa posterior evaluacio?n e obtencio?n dos permisos necesarios. Unha vez obtida a autorización de Patrimonio, procederase á súa licitación e a súa adxudicación coa previsión de iniciar os traballos ao remate do curso escolar 2022-2023.

O proxecto de rehabilitación da Escola de Tabagón enmárcase dentro da estratexia de actuación do Concello para mellorar progresivamente a eficiencia enerxética de todos os edificios de titularidade pública. Segundo a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, “as nosas escolas unitarias son unha prioridade” pois ademais de seren edificios dun gran valor patrimonial e arquitectónico, “fomentan unha educación de proximidade e axudan a fixar poboación e a manter viva a nosa contorna”. Por todo isto, “queremos que sexan espazos modernos e sostibles”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí