Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal recupera a súa -Memoria viva-

O Concello presenta este venres 18 no auditorio (20.00 h) un proxecto co que se busca salvagardar o patrimonio inmaterial do municipio

O Concello presenta este venres 18 no auditorio (20.00 h) un proxecto co que se busca salvagardar o patrimonio inmaterial do municipio

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Junio de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

O Concello do Rosal presenta este venres 18 de xuño no auditorio municipal (20.00 horas) ‘Memoria viva’, un proxecto plurianual que busca poñer en marcha un sistema de salvagarda do patrimonio inmaterial do Rosal, así como do coñecemento e da memoria que atesouran as persoas maiores do municipio.

Trátase dunha iniciativa plurianual no que se recollerán as lembranzas das e dos maiores do Rosal, “recuperando e recompilando vivencias persoais, momentos históricos, formas de vida... para que non caian no esquecemento”. “Este proxecto nace polo desexo de que non desapareza unha parte importante da nosa memoria individual e colectiva, de conservar esas historias que non están nos libros pero que son tan importantes para nós como rosaleiras e rosaleiros”, destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

O proxecto recolle en vídeo as entrevistas a diferentes persoas de idade con coñecementos relativos a  unha época, un oficio, unha tradición ou calquera elemento patrimonial de interese, así como libros de pequeno formato coleccionables de cada unha destas entrevistas. Nesta primeira edición o Concello contou coa inestimable colaboración de Nemesio Castro e Marcola González e das súas familias, sen as que non sería posible ter chegado a realizar os traballos de documentación e gravación.

Durante o acto presentaranse os dous primeiros libros do proxecto, así como os dous primeiros vídeos documentais.

As persoas interesadas en asistir poderán reservar a súa praza a través da páxina web municipal. O acto contará con aforo limitado e todas as medidas de seguridade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí