Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Rosal recupera o -Festival Xente Xida-, unha cita coa música tradicional

O encontro será o vindeiro 24 de xullo ás 21.30 horas no Colexio da Mata e contará coas actuación de Cantometrics, Abóbriga e Trebón dos Xidos

O encontro será o vindeiro 24 de xullo ás 21.30 horas no Colexio da Mata e contará coas actuación de Cantometrics, Abóbriga e Trebón dos Xidos

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Julio de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal e a Asociación Cultural Xida recuperan o encontro social despois de máis de dous anos de crise sanitaria cunha nova edición do Festival Xente Xida, unha festa con raíces para todas as idades e públicos coa mellor música e gastronomía. Será a cuarta edición do festival, que se celebrará o vindeiro 24 de xullo a partir das 21.30 horas no colexio da Mata con acceso libre e de balde.

“O festival volve tras a pandemia coas mesmas orixes grazas ao traballo da asociación cultural Xida, conformado por un grupo de persoas moi implicadas socialmente que traballa a prol do folclore e da música e que colaboran co Concello na organización deste evento que forma parte das Festas do Verán do Pilar”, destacou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, que agradeceu tamén o labor desempeñado pola asociación.

Polo escenario da cuarta edición deste festival pasarán "O Trebón dos Xidos", que amosará un anaco da súa música e da súa tradición; o grupo galego "Cantometrics" e os baioneses "Abóbriga", un grupo de gaiteiros que dende 2008 ofrecen unha mostra da música tradicional mesturada con composicións propias e cancións populares.

Ademais, a música tradicional estará mesturada coa gastronomía, xa que o público poderá gozar da cantina e do porco ao espeto.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí