Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Rosal reducirá a taxa do lixo aos negocios que pecharon durante o estado de alarma

Suporá unha diminución do 25% no pago da cota. O Concello aprobou por unanimidade esta modificación da ordenanza municipal nun pleno extraordinario urxente celebrado este martes 3 de novembro

Suporá unha diminución do 25% no pago da cota. O Concello aprobou por unanimidade esta modificación da ordenanza municipal nun pleno extraordinario urxente celebrado este martes 3 de novembro

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Noviembre de 2020

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal celebrou este martes 3 de novembro un pleno extraordinario urxente para modificar a ordenanza municipal que regula as taxas de recollida do lixo co obxectivo de reducir nun 25% o pago da cota a aqueles autónomos, negocios e empresas que se viron obrigados a pechar e parar a súa actividade ao longo do ano 2020 como consecuencia da declaración do estado de alarma por mor da pandemia da COVID-19. “Fomos quen de, en momentos extraordinarios como os que estamos a vivir,  tomar tamén medidas extraordinarias para apoiar aos rosaleiros e rosaleiras dentro do ámbito competencial do propio Concello”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís. 

Con esta medida dende o Concello trátase de achegar o seu gran de area ao comercio local e ao tecido empresarial do Rosal, eximíndoos dunha parte do pago desta taxa de carácter anual ao entender que durante o peche pola pandemia non desfrutaron do servizo de recollida de lixo e doutros complementarios.

As persoas autónomas, negocios ou empresas interesados nesta redución da taxa deberán tramitala presentando a solicitude acompañada dunha declaración responsable de terse producido a suspensión de actividade a causa da crise sanitaria e da documentación oficial da que dispoña para acreditar esta circunstancia.

Esta bonificación foi posible levala a cabo despois da modificación necesaria por parte da ORAL, o órgano da Deputación de Pontevedra encargado de colaborar nos concellos na xestión, inspección e recadación de tributos locais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí