Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Rosal réndese a San Martiño

Rosaleiros e rosaleiras recuperan cada outono a tradición secular de subir en procesión ao santo ata a capela a ombros das catro persoas afortunadas que gañan un posto nun dos banzos da figura

Rosaleiros e rosaleiras recuperan cada outono a tradición secular de subir en procesión ao santo ata a capela a ombros das catro persoas afortunadas que gañan un posto nun dos banzos da figura. Foto de Luís Dorado.

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Diciembre de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O outono trae castañas e magostos aos municipios galegos e ao Rosal unha das celebracións con maior soleira da vila, o San Martiño. Unha romaría que se remonta cando menos a principios do século XVIII, data na que se constrúe a capela segundo rebelan os seus muros e acabados. Unha tradición que non perdoa a súa cita anual, que se celebra sempre o primeiro domingo que luce o sol tras o 11 de novembro. “Dá igual cando sexa, pero os veciños e veciñas sacan a figura e desfrutan da romaría. Algún ano de moi mal tempo incluso tense celebrado no mes de xaneiro”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Este ano, despois de case catro semanas de longa espera, este mesmo domingo as e os devotos de San Martiño volveron ver saír ao coñecido como sanador das verrugas, ao que dende tempos inmemoriables a veciñanza lle levaba todo tipo de produtos de alimentación e tellas coas que repoñer o tellado da capela.

Tradicionalmente póxase no San Martiño. Cada ano, antes da saída da romaría e a metade de traxecto, póxanse polos catro bandos que ten o San Martiño para elixir ás catro persoas encargadas de levar ao santo no percorrido ata a capela. Ademais, como manda a tradición, a veciñanza doa produtos que se poxan tras a misa, un costume que se remonta a fai moitos anos e que incluso facía que durante unha época os cazadores no mesmo día da romaría ofrecían as súas capturas a San Martiño para a poxa.

Unha procesión dende a igrexa situada na Praza do Calvario ata a capela do santo que discorre por espectaculares tramos dos muíños do Folón e do Picón animada por música, tradición e devoción a partes iguais.

Como conta a xente con máis memoria do Rosal, ata o ano 1920 eran os curas do Rosal que vivían na zona da Cumieira os que se encargaban de que cada 11 de novembro de organizar a romaría e subir o santo en procesión ata a capela. Xa na década dos 20 do século pasado, a chave pasaría a mans da familia da Torre, a Serafín Martínez Álvarez, que se encargaba de servir a San Martiño con tal de librarse de ir cumprir o servizo militar. Cada ano o seu cargo era ter limpa a capela e mantela en bo estado, así como de organizar cada ano a romaría, unha encomenda que dende entón foi pasando de xeración en xeración.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí