Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Rosal renova o seu parque móbil cun novo vehículo con plataforma elevadora

O Concello saca a licitación o subministro dunha grúa que permitirá mellorar servizos esenciais como o mantemento do alumeado público ou de vías e obras

O Concello saca a licitación o subministro dunha grúa que permitirá mellorar servizos esenciais como o mantemento do alumeado público ou de vías e obras

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Enero de 2024

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal continúa coa actualización do parque móbil municipal. Neste camiño ven de abrir o proceso de contratación do subministro dun novo vehículo con plataforma elevadora que substitúa ao que se emprega na actualidade e que presenta o deterioro propio da súa antigüidade. A adquisición desta grúa sairá a licitación por 78.000 euros, que serán financiados con fondos propios do Concello.

“Esta contratación é un paso máis no traballo por renovar o parque móbil do Concello, incorporando novos vehículos ou actualizando aqueles que presentan un maior desgaste polo uso para mellorar a atención dos diferentes servizos públicos”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís. Este novo vehículo con plataforma elevadora permitirá ademais “mellorar servizos esenciais para a veciñanza como son o mantemento do alumeado público ou de infraestruturas viarias e doutros equipamentos municipais”.

Esta grúa deberá contar cunha altura de 13,5 metros ou máis que permita o seu manexo para realizar traballos de difícil acceso, aos que as plataformas normais montadas en vehículos non poden chegar. “Terá case catro metros máis que a actual plataforma, o que nos permitirá chegar a practicamente todas as luminarias e realizar o seu mantemento con recursos municipais ao 100%”, recalca a rexedora.

Entre as especificacións, contémplase ademais que conte cun brazo articulado e telescópico que dote á plataforma dunha gran versatilidade para manobras que requiran superar obstáculos en altura.

O vehículo deberá ter unha cesta fixada ao brazo de forma frontal, permitindo unha maior liberdade de movementos en altura e liberando o espazo debaixo do chan da cesta, normalmente ocupado polo brazo telescópico. Por outro lado, solicítase que sexa compacto, de ata 5,99 m de longo por 2,90 de alto, para permitir ao equipo un bo comportamento fóra da estrada e cun peso reducido que permita ao conxunto ter numerosas configuracións con importantes capacidades de carga.

As empresas e entidades interesadas poderán presentar as súas propostas ata o vindeiro martes 23 de xaneiro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí