Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal saca a lingua polo Día das Letras Galegas

Pon en marcha a mostra -Esta é a miña lingua-, que busca que os veciños e veciñas de xeito individual ou en grupo envíen fotos botando a lingua

Pon en marcha a mostra -Esta é a miña lingua-, que busca que os veciños e veciñas de xeito individual ou en grupo envíen fotos botando a lingua

Fecha: 07 de Mayo de 2020

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal continúa coas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas, este ano de xeito diferente, divertido e buscando implicar a toda a veciñanza. Xa está en marcha a iniciativa ‘Esta é a miña lingua', unha mostra fotográfica que ten como obxectivo establecer un paralelismo entre a lingua galega e a lingua que teñen todos os galegos e galegas e a través da que se anima a todos os veciños e veciñas a participar enviando as súas imaxes botando a lingua.

Todas as persoas interesadas en participar poderán enviar fotografías de xente de forma individual ou en grupo sacando a lingua. Deberán ter formato horizontal e poderán remitirse por correo electrónico a cultura@concellodorosal.gal dende hoxe mesmo ata o vindeiro mércores 13 de maio. No asunto do correo debe aparecer ‘A imaxe da lingua' e no corpo ten que incluírse o nome e apelidos das persoas que aparezan na fotografía.

As imaxes publicaranse na web do Concello e nos seus perfís nas redes sociais co hashtag #estaéamiñalingua e non se descarta a posibilidade de facer un cartel cun mosaico no que aparezan todas as fotos enviadas polos rosaleiros e rosaleiras. No caso de haxa menores de idade na imaxe, darase por feito que os adultos responsables deles dan o seu consentimento expreso para a utilización da imaxe tanto na web como nas redes sociais.

 O envío da fotografía suporá a aceptación das bases da mostra e a cesión dos dereitos da imaxe ao Concello do Rosal para a súa publicación ou para o seu arquivo na base de datos.

Todos e todas a sacar a lingua!

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones