Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal: Se fas deporte na casa neste tempo de confinamento... agardamos a túa foto!

O Concello pon en marcha o xogo #nacasaperoenforma, co que compartir fotografías de situacións orixinais facendo exercicio

O Concello pon en marcha o xogo #nacasaperoenforma, co que compartir fotografías de situacións orixinais facendo exercicio

Fecha: 22 de Abril de 2020

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal propón unha nova iniciativa coa que pasar de forma entretida os días de corentena e confinamento. Esta semana poñemos en marcha #nacasaperoenforma, un novo xogo co que se procura implicar a toda a veciñanza e levar unha vez máis un intre de diversión a todos os fogares a través das fotografías e das redes sociais. Nesta ocasión a temática da foto será o exercicio físico que se fai estes días na casa, imaxes que recollan situacións cómicas, levantamento de pesos orixinais, lugares impensables, retos imposibles... e todas aquelas cousas divertidas que se lle ocorran aos veciños e veciñas. Todas estas imaxes enviadas iranse publicando nas redes sociais do Concello.

Non se trata dun concurso, senón dun xogo aberto a toda a poboación no que se buscará sobre todo a orixinalidade. Todas as persoas que queiran participar deberán enviar a súa fotografía por correo electrónico a euquedonacasa@concellodorosal.gal, indicando no asunto ‘Na casa pero en forma' e incluíndo como datos o nome e apelidos das persoas que aparezan na fotografía, datos que non serán nunca publicados.

No caso de aparecer menores de idade nas imaxes, dase por feito que os adultos responsables dan o seu consentimento expreso para a utilización desa imaxe en redes sociais. Ademais, o envío da fotografía suporá a aceptación e cesión dos dereitos da imaxe para a utilización por parte do Concello en futuros usos (arquivo, exposicións...).
Animádevos a participar!
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones