Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Rosal ten unha cita co xadrez o 24 de xullo

A comprobación de listas de participantes será ás 15.45 horas para dar inicio á competición ás 16.00 horas

A comprobación de listas de participantes será ás 15.45 horas para dar inicio á competición ás 16.00 horas

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Julio de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal colabora co Clube Xadrez Albatros da Guarda na organización, o vindeiro domingo 24 de xullo, do III Torneo de Xadrez Concello do Rosal, unha cita indispensable para todas e todos os apaixonados deste deporte.

O torneo dividirase nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantís e adultos. Todas elas disputaranse con sistema suízo a través de programa informático e partidas semirápidas.

A comprobación de listas será ás 15.45 horas para dar inicio á competición ás 16.00 horas. O número de roldas e duración das partidas estarán condicionadas ao número de xogadoras e xogadores que participen, cun máximo de 100 participantes. Con menos de 70 persoas inscritas haberá 6 roldas de 15 minutos, mentres que se son máis de 70 serán 7 roldas de 10 minutos.

A alcadesa do concello do Rosal, Ánxela Callís, indicou que este torneo “e unha grande oportunidade para achegar esta disciplina non só ás persoas que xa son afeccionadas, senón tamén a todas aquelas que sintan curiosidade e queiran aproximarse a este deporte de estratexia e concentración”.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí