Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal ultima a rehabilitación da Escola Unitaria de Pías

O Concello está a transformar o centro en termos de eficiencia enerxética, con intervencións destinadas a reducir ao mínimo o consumo e mellorando en gran medida o confort interior

O Concello está a transformar o centro en termos de eficiencia enerxética, con intervencións destinadas a reducir ao mínimo o consumo e mellorando en gran medida o confort interior

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Enero de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal continúa traballando para reforzar e modernizar a súa educación de proximidade. O Concello comprometeuse, cun investimento de 200.000 euros, á rehabilitación progresiva das súas escolas unitarias e os traballos na CRA de Pías avanzan con moi bos resultados. A alcaldesa, Ánxela Fernández, explica que esta reforma “vai marcar un antes e un despois no que é a rehabilitación de edificación municipais e de gran valor patrimonial do noso concello”, e engade tamén que é “unha clara mostra da nosa aposta polo aforro enerxético e pola educación de proximidade que ofertan as unidades rurais”.

A día de hoxe, a Escola de Pías xa conta cunha nova soleira que impermeabiliza o contacto co solo, tamén se colocou un trasdosado con illamento térmico en toda o cerramento en contacto co exterior e illouse o teito tanto por riba como por baixo. A finais de mes chegarán as novas fiestras e portas que van mellorar as existentes tanto térmica como acusticamente.

A alcaldesa tamén explica que se está a renovar toda a instalación eléctrica, fontanería e saneamento. Incorporouse a climatización por chan radiante para substituír os radiadores eléctricos que producían un alto consumo. E para garantir unha calidade de aire sen ter que ventilar manualmente instalouse xa un sistema de ventilación mecánico con recuperación de calor de alta eficiencia enerxética.

Nos seguintes meses executarase a renovación da carpintería interior, un novo chan confortable e limpo e un falso teito con prestación acústicas para reducir o ruído nas aulas. En definitiva, unha renovación integral da escola para mellorar o confort dos nenos e profesores cun mínimo consumo enerxético.

Pías será a primeira, pero para ao Concello “as seis escolas unitarias do Rosal son unha prioridade”, que permiten “fomentar unha educación de proximidade e responsabilidade coa nosa contorna entre os nenos e nenas”. Por todo isto, “queremos que sexan espazos modernos e sostibles”, conclúe Ánxela Fernández.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí