Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal vivirá tres días de cine

As II Xornadas de Cinema célebranse os días 28, 29 e 30 de xullo na Abadía das Eiras

As II Xornadas de Cinema célebranse os días 28, 29 e 30 de xullo na Abadía das Eiras

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Julio de 2022

Fuente: Concello do Rosal

A asociación Ghorghalado Cultura e Patrimonio organiza, en colaboración co Concello, a segunda edición das Xornadas de Cinema do Rosal, unha iniciativa que pretende achegar ao público rosaleiro unha oferta cinematográfica que non se atopa nos circuítos habituais. Os xardíns da casa rural Abadía das Eiras acollerá a proxección dunha selección de curtametraxes e documentais que satisfarán aos espectadores e espectadoras máis esixentes.

Como novidade, nesta segunda edición celébrase o 1º Certame de Vídeoclips Xuvenís. As xornadas ábrense coa proxección dunha selección dos traballos presentados e tralos videoclips, o público poderá desfrutar de cinco curtas e un documental: "Siempre a mano", "Las muelas del cuco", "Momentos", "La inquilina", "A última noite co Tonio" e "Patrimonio habitado", unha viaxe polo patrimonio da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés na procura de relatos en primeira persoa de formas de vida, oficios e festexos.

O venres 29, o público asistente poderá gozar das curtas "¿Viejos?", "O que queda", "Dúas opcións", "Casa bonita", "Mama", "Fantasmas", e do documental galego "Afranio", na que o actor Luis Tosar encarna ao siñor Afranio nunha peza baseada na obra autobiográfica do mesmo nome de Alonso Ríos.

As xornadas rematarán o sábado 30 de xullo coa proxección de catro curtas seleccionadas ("Fils Trencats", "Cocodrilo", "Casa bonita" e "Lurna") e do documental galego "Negro púrpura", un retrato da Galicia do século XX a través dun fungo alucinóxeno que agroma nos cereais e que abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da cultura e a economía da época.

Todas as proxeccións son de balde e ao aire libre, polo que serán a partir das 22.00 horas. Pódese atopar máis información na páxina web das xornadas. A alcaldesa Ánxela Fernández Callís, convida "a toda a veciñanza a desfrutar desta gran festa do cine" e agradece á asociación Ghorghalado "o seu compromiso e esforzo por achegar a cultura dun xeito diferente e ameno ao noso concello”. Segundo a rexedora, tamén merece unha mención especial a casa rural da Abadía de Eiras “por facer posible que os rosaleiros e rosaleiras desfrutemos deste espazo único e convirte as xornadas nun evento aínda máis especial".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones