Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal volve a educar en familiar

O Concello retoma o programa de charlas para que pais e nais rosaleiras atopen resposta a moitas das preguntas que se dan no día a día con nenos e nenas

O Concello retoma o programa de charlas para que pais e nais rosaleiras atopen resposta a moitas das preguntas que se dan no día a día con nenos e nenas

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Enero de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal retoma o vindeiro día 3 de febreiro o seu programa “Educando en familia”, un espazo para que pais e nais poidan atopar resposta a moitas das inquedanzas que se dan no día a día, así como ferramentas para poder afrontalas. Durante este trimestre hai tres charlas organizadas no Centro Social Polivalente e a alcaldesa, Ánxela Fernández, anima á veciñanza “a asistir a estas actividades e a trasladar as súas suxestións e achegas”, xa que “queremos que Educando en familia sexa un espazo onde escoitar e ter en conta as necesidades sobre educación e crianza dos pais e nais do Rosal”.

O 3 de febreiro ás 19.00 horas a psicóloga, Andrea Iglesias, impartirá a charla “Educar sen premios e castigos. É posible?. Abordará cuestións como por que evitar premios e castigos cando educamos, as diferencias entre premiar ou recompensar ou as consecuencias negativas dos castigos na educación das nosas crianzas.

O 25 de febreiro ás 19.00 h a psicóloga, Fátima Rodríguez, compartirá coas familias a súa reflexión sobre “Onde está o límite”. Centrará a súa intervención sobre como podemos mellorar a dinámica familiar mediante os límites cando educamos e achegará claves e ferramentas para o establecemento de límites de xeito construtivo desde o respecto á identidade das crianzas.

Para pechar o trimestre, o día 25 de marzo ás 19.00, o Concello organiza a charla “Cara a unha sociedade igualitaria: educar no feminismo”. A educadora social, Angelina Gándara, reflexionará sobre se seguimos educando por igual a nenos e nenas, que axentes educan ademais da familia e a súa importancia no desenvolvemento das crianzas e, por último,  dará as claves para educar no feminismo.

Todas as charlas, como as levadas a cabo ata agora, teñen un marcado carácter práctico con espazo para as reflexións e inquedanzas das familias .A entrada é libre, pero pode facerse inscrición previa na web do Concello. Para facilitar a asistencia o Concello pon a disposición das familias un servizo de canguro para o que é necesario inscrición previa, tamén na web do Concello. Este servizo terá lugar sempre que se cubran un mínimo de 5 plazas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí