Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Rosal volve saír á rúa para defender a atención primaria

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal convida á veciñanza a participar nunha marcha este sábado 10, dende a Praza do Calvario ata a Alameda da Guarda

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal convida á veciñanza a participar nunha marcha este sábado 10, dende a Praza do Calvario ata a Alameda da Guarda

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Diciembre de 2022

Fuente: Concello do Rosal

A atención primaria no Rosal atópase cada vez nunha situación máis precaria. Despois de meses de denuncias e protestas institucionais e cidadás sen resposta por parte da Consellería de Sanidade, os rosaleiros e rosaleiras saen de novo á rúa para defender a sanidade pública. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública convida a toda a veciñanza a participar na marcha que se celebrará este sábado 10 de decembro e que sairá ás 10.30 horas da Praza do Calvario e rematará na alameda da Guarda.

Esta marcha chega tras unha cronificación da precariedade da atención sanitaria no concello, un servizo seriamente ameazado polas políticas de recortes e desmantelamento da Consellería de Sanidade. A poboación sofre importantes trabas e limitacións para acceder e ser atendida tanto nos centros de saúde como no PAC e nos servizos de pediatría de atención primaria, con listas de agarda de días ou semanas e consultas masificadas.

O centro de saúde do Rosal non conta nestes intres con matrona e só hai unha médica en redución de xornada e prolongacións que está a facer principalmente o persoal do PAC da Guarda contratados para días concretos, sen unha cobertura uniforme do persoal médico para atender aos 6.450 habitantes do municipio. Unha situación límite para o concello rosaleiro que tamén continúa coa consulta de San Miguel pechada, o que satura aínda máis os servizos de atención primaria tanto no propio Rosal como na Guarda, poñendo en perigo a saúde e a vida de todos os veciños e veciñas.

Por todos estes motivos, a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal, formada por representantes do Concello, persoal sanitario, representantes do asociacionismo e da sociedade rosaleira en xeral, animan a toda a veciñanza a participar nesta marcha para defender a sanidade pública e recuperar un servizo que cubra as necesidades da poboación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí