Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal xa conta cun Consello Municipal de Deportes, un foro de debate do que nacerán propostas e ideas de futuro

Integrado por representantes de todo o tecido deportivo da localidade, permitirá unha estreita colaboración entre Concello e sociedade para abordar todas as cuestións que afectan ao eido deportivo

Integrado por representantes de todo o tecido deportivo da localidade, permitirá unha estreita colaboración entre Concello e sociedade para abordar todas as cuestións que afectan ao eido deportivo

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Marzo de 2021

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal continúa apostando pola colaboración activa e estreita coa sociedade para seguir avanzando nos distintos ámbitos municipais. Con este obxectivo, hai uns días constituíase o Consello Municipal de Deportes, un órgano consultivo integrado por representantes de todos o tecido deportivo do Rosal que funcionará como foro de debate e reflexión, como viveiro de propostas e como fonte de visión crítica para abordar calquera cuestión relacionada con este eido na localidade. “Temos a sorte de contar co bo facer de deportistas e clubs, que están a facer un grande esforzo por continuar coa súa actividade a pesar das dificultades coas que nos atopamos nestes intres”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, quen salientou na reunión inicial a capacidade de clubs e deportistas para “adaptarse e readaptarse á situación cambiante para poder seguir desfrutando do deporte seguro”.

Xunto ao concelleiro de Deportes e ao de Participación Veciñal, Germán Fernández e Ramón Fernández Leal, o Consello está integrado por representantes do Acanor Novás Valinox de balonmán, da UD Ribera de fútbol, do Club Atletismo Trega, do Club Ciclista O Rosal,  e dos clubs de petanca, fútbol gaélico, futgolf ou judo. Tamén conta coa participación de deportistas relacionados co décatlon ou o trial, como o olímpico David Gómez e o piloto Gabriel Marcelli, coa futbolista Sara Álvarez, o activista deportivo Ignacio Rivas, o ciclista Christian Silva, o asesor deportivo Víctor Valderradam, o ex ciclista profesional e animador deportivo Serafín Martínez ou o profesor de Educación Física xa retirado Félix Piñel.

Neste primeiro encontro por videoconferencia abordouse a propia constitución do Consello e fíxose a primeira toma de contacto deste órgano. Así, na reunión explicáronse as liñas xerais da folla de ruta do Concello no ámbito deportivo, na que se contempla tamén unha descentralización para levar a actividade deportiva aos barrios. Por outro lado, durante o encontro abordáronse cuestións como a promoción do deporte base, a necesidade de maior información sobre as instalacións deportivas municipais e de asesoramento en materia de subvencións e axudas, a posibilidade de colaboración con municipios da contorna para o aproveitamento de recursos, a adaptación e creación de instalacións contando co asesoramento dos propios técnicos e deportistas, a realización de novas actividades ou o fomento do apoio económico entre as empresas.

O Consello Municipal de Deportes súmase así ao de Cultura, o de Igualdade e ao de Desenvolvemento Local, que buscan crear un espazo de suma de sinerxías, experiencias, ideas e valores dende unha perspectiva positiva nos distintos ámbitos da vida da localidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí