Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal xa desfruta do seu novo ecoparque O Sobreiral

O Concello estreou o céntrico espazo verde cun magosto no que participaron moitos veciños e veciñas e tecido asociativo

O Concello estreou o céntrico espazo verde cun magosto no que participaron moitos veciños e veciñas e tecido asociativo

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Diciembre de 2021

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal xa desfruta do seu ecoparque O Sobreiral, un novo espazo que combina lecer e inclusividade no centro do municipio. O Concello estreouno cun magosto no que participaron moitos veciños e veciñas e que contou coa axuda da U.D Ribera, O Club Ciclista O Rosal, a Agrupación Musical do Rosal e o Acanor Novás Valinox. A alcaldesa, Ánxela Fernández, definiu a inauguración deste espazo como un “gran día no que os rosaleiros e rosaleiras gañan un espazo de gran valor natural para o desfrute das familias con xogos inclusivos, musicais, de equilibrio e biosaudables nun entorno inmellorable”.

Durante a xornada moitos rosaleiros e rosaleiras, entre eles, moitos nenos e nenas, xa desfrutaron dun lugar onde se pode vivir e sentir a natureza dentro dun conxunto de sobreiras, carballos e pinos de máis de 4.000 metros cadrados no que se integran espazos destinados á primeira infancia con xogos sensoriais e de motricidade, unhas pequenas gradas para o desfrute da veciñanza, xogos tradicionais e xogos que fomentan a creatividade, especialmente de carácter musical vinculados co gran valor patrimonial que a música ten no municipio, como se demostrou na inauguración do espazo cunha exhibición musical dos percusionistas da Agrupación Musical do Rosal

“O ecoparque O Sobreiral é un pulmón de vitalidade para o centro do concello”, destaca a alcaldesa, xa que está a tan só 50 metros da Praza do Calvario, e é unha zona verde que aposta pola biodiversidade integrando todos os elementos na contorna natural con mobiliario de madeira: bancos corridos, gradas, butacas, escaleiras, ramplas de acceso e xogos están completamente mimetizados coa cor das cortizas das árbores. 

Dende o Concello animan aos rosaleiros e rosaleiras a desfrutar ao máximo deste espazo, así como “tamén invitamos á veciñanza doutros concellos, xa que non hai ningún espazo similar na comarca”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí