Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Sergas incumpre o compromiso de implantar un segundo equipo no PAC da Guarda

A CIG-Saúde esixe o cumprimento do acordo pactado entre a Xerencia e o cadro de persoal que tiña que entrar en vigor o pasado 1 de xuño

A CIG-Saúde esixe o cumprimento do acordo pactado entre a Xerencia e o cadro de persoal que tiña que entrar en vigor o pasado 1 de xuño

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Junio de 2024

Fuente: CIG

A federación de Saúde da CIG de Vigo denuncia o incumprimento por parte do Sergas do acordo pactado meses atrás coas traballadoras/es do PAC da Guarda polo que que se implantaría un segundo equipo a partir do 1 de xuño.

Segundo explican dende a central sindical, a Xerencia accedeu a esta vella reivindicación tras diversas xuntanzas e propostas por parte do persoal do PAC e inciden en que o acordo mesmo lle foi trasladado á Comisión de Centro, que levaba anos reclamando esta necesidade.

“Xa no acordo alcanzado tras o longo conflito nos PAC en 2019 recoñecía que se tería en conta a carga asistencial, a distancia do centro ao hospital, a dispersión xeográfica, o numero de mobilizacións polo 061 e as necesidades asistenciais da poboación para valorar a creación das prazas necesarias”. Neste senso, lembran que a Xerencia viña recoñecendo dende hai tempo a problemática existente no PAC da Guarda.

No acordo tamén se recoñecía que polo xeral cada facultativo non debera superar unha presión media de 30 urxencias por garda, media que se supera neste centro desde hai anos, xa que a poboación que se atende dos tres concellos asignados a este PAC (Oia, O Rosal e A Guarda) está preto das 20.000 persoas, cifra que aumenta no período estival ao ser unha zona turística.

Ademais da sobrecarga de traballo para o único equipo do PAC formado por médica de familia, enfermeira e persoal de servizos xerais, existen outras circunstancias que dificultan o traballo e que supoñen unha gran carga para as traballadoras/as: a distancia entre o centro de saúde e o hospital é duns 45 minutos, polo que cando menos cada traslado ao hospital implica unha ausencia de aproximadamente 2 horas (incluíndo a actividade asistencial que se presta).

E hai domicilios dentro do radio de traballo (Oia, O Rosal e a Guarda) que superan os 50 minutos de desprazamento dende o centro de saúde, e con poboación envellecida, o que supón maior requirimento de asistencias.

“O tempo de ausencia do equipo ante unha asistencia fora do centro podería ter consecuencias,  ao quedar toda esta área sen ningún persoal sanitario, ocasionando unha demora importante na asistencia do resto das necesidades que xurdan, con consecuencias graves sobre o doente.

Isto tamén repercute no propio centro de saúde, dado que en ausencia do equipo de PAC en quendas de tarde é habitual que teñan que prestar atención en caso de asistencias fóra do centro do único equipo que hai entre semana, ao quedar o PAC sen persoal sanitario.  Situación que se agravará no mes de xuño, cando se prevé o peche de tarde no centro de saúde ao existir dúas prazas estruturais e sumarse permisos e vacacións do persoal do centro.

Por todo isto, dende a CIG-Saúde esíxenlle ao Sergas o cumprimento inmediato do acordo pactado entre a Xerencia e as traballadoras/as do PAC da Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí