Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O servizo de Igualdade de Tomiño convida á poboación moza a ver a película -Tódalas mulleres que coñezo-, de Xiana do Teixeiro

O filme, con varios premios e mencións, proponse como unha reflexión sobre o xénero, o espazo público e a liberdade

O filme, con varios premios e mencións, proponse como unha reflexión sobre o xénero, o espazo público e a liberdade

Fecha: 08 de Julio de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño , a través do Servizo Municipal de Igualdade, organiza unha actividade dirixida á poboación moza da vila; concretamente, da franxa de idade comprendida entre os 16 a 30 anos, consistente en visionado on line do filme "Tódalas mulleres que coñezo", de Xiana do Teixeiro, e posterior faladoiro, tamén on line, coa intervención da directora.

O filme, de carácter documental, será proxectado en aberto, propoñéndose como unha reflexión sobre o xénero, o espazo público e a liberdade.

Deste xeito, poderase visionar de balde, os días 21 e 22 de xullo, a obra estreada en 2018, seleccionada e premiada en múltiples festivais.

Esta actividade está financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdad, Secretaría General de Igualdad y contra la Violencia de Género.


Faladoiro con presenza da autora

O día 23 de xullo, ás 20.00 horas, poderase asistir tamén a un coloquio coa autora, Xiana do Teixeiro, no que poder compartir impresións, preguntar curiosidades e crear un espazo para a reflexión colectiva. Para isto é preciso tamén rexistrarse a través da web municipal, recibindo confirmación e indicacións para conectarse.

Formulario de inscrición

O faladoiro terá un límite de prazas de 25 persoas. Esta actividades está dirixida á poboación de entre 16 e 30 anos. Só en caso de quedar prazas libres poderá ampliarse a outras franxas de idade.



Tamén é posible facer unha pregunta ou reflexión enviando un correo electrónico ao enderezo andrea@rexenerando.com ou enviando texto ou nota de voz ao número de teléfono 698 157 414.


FICHA TÉCNICA
TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO (Xiana do Teixeiro, 2018)
Gravada en: Lugo e Ourense
Xénero: Documental
Duración: 71 minutos

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones