Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Son da Praza continúa este venres con rock and roll da banda galega Rockin? Gina & The Sentinels

O programa -O Son da Praza- está resultando un verdadeiro éxito de público dende a súa inauguración, o pasado mes de xullo, con cine, folclore, poesía, percusión electrónica e arte visual

O programa -O Son da Praza- está resultando un verdadeiro éxito de público dende a súa inauguración, o pasado mes de xullo, con cine, folclore, poesía, percusión electrónica e arte visual

Fecha: 19 de Agosto de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

A Praza do Seixo segue a concentrar a actividade cultural de verán no concello de Tomiño.

O programa "O Son da Praza", que comezou hai case un mes, conseguiu espertar o interese de residentes e visitantes, rexistrando unha alta participación, e ofrecendo propostas para todos os gustos, coma cine, baile e música folclórica, poesía, percusión electrónica, arte visual e diferentes concertos.

Este venres, 19 de agosto, ás 22.00 horas, terá lugar un novo concerto, neste caso de música rock, coa banda galega Rockin ' Gina & The Sentinels. Trátase dun cuarteto clásico de rockabilly con voz feminina e temas propios, melodías coidadas, ritmos enérxicos, letras poderosas e estética fiel aos anos 50′ . Rockin'Gina, de voz elegante e enérxica á vez, acompañada de contrabaixo, batería e guitarra, convértense en pioneiros e referentes do estilo en Galicia.

O venres 26 de agosto, tocaralle á Agrupación Musical de Goián, que ofrecerá o concerto "Unha noite de amor con Lela".

E, finalmente, o sábado 27 de agosto, o recoñecido músico Roi Casal chegará a Tomiño co seu espectáculo "Son galego, Son cubano", pechando o programa de verán organizado pola Concellaría de Cultura, que dirixe Cristina Martínez.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones