Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O talento será o protagonista na I Mostra Creativa do Baixo Miño

Esta iniciativa pretende impulsar e dar visibilidade a gran cantidade de marcas e talentos creativos que temos na nosa localidade, pero tamén en todo o Baixo Miño.

Esta iniciativa pretende impulsar e dar visibilidade a gran cantidade de marcas e talentos creativos que temos na nosa localidade, pero tamén en todo o Baixo Miño.

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Julio de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda e Acontravento, marca de roupa local, presentan a I Mostra Creativa do Baixo Miño, que se celebrará o día 31 de Xullo na Praza de Avelino Vicente (As de Copas). No evento participarán persoas deseñadoras, marcas e artesáns da nosa comarca.

Esta iniciativa pretende impulsar e dar visibilidade a gran cantidade de marcas e talentos creativos que temos na nosa localidade, pero tamén en todo o Baixo Miño.

 

A Mostra ten como obxectivos o apoio do talento creador da nosa comarca e o fomento do consumo responsable e de proximidade, ao mesmo tempo que se propicia un lugar de encontro que permita a cooperación e colaboración entre as persoas responsables dos diferentes proxectos que participen na Mostra. 

 

Daniel Macua, responsable de Acontravento, explicou que “O obxectivo é visibilizar a gran cantidade de marcas e talentos creativos que temos na nosa comarca, xa sexan de artesanía ou en formas máis modernas de expresión. Gustaríanos que esta iniciativa poida consolidarse coma un evento de periodicidade anual e de referencia onde mostrar o gran talento que temos no Baixo Miño. Invitamos a todas aquelas interesadas en dar a coñecer o seu proxecto a escribirnos”

 

Fátima Rodríguez, Concelleira de Desenvolvemento Local, puxo o foco na “importancia de apoiar este tipo de iniciativas de cara non só aos/ás profesionais, senón tamén cara ao/á consumidor/a. Moitas destas persoas venden os seus produtos a través de Internet ou doutros negocios da nosa comarca, e estas iniciativas permítennos dar a coñecer os proxectos máis de cerca, quen está detrás e a súa historia, algo moi importante no fomento do consumo responsable e de proximidade.”

 

Poderán participar na mostra, de xeito gratuíto, todas aquelas persoas deseñadoras, marcas ou artesáns que teñan a súa sede social no Baixo Miño. A convocatoria de solicitude de participación estará aberta ata o xoves 29 de xullo, e para facela efectiva deberá enviarse por correo electrónico a ficha de inscrición, fotografías e o logotipo do proxecto ao enderezo info@acontravento.gal

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí