Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Teixugo Luís Fernández co equipo nacional nos xogos europeos

Entre os 12 representantes do equipo nacional atopábase o deportista do Club Deportivo Miño-Os Teixugos Luís Fernández Pereira.

Entre os 12 representantes do equipo nacional atopábase o deportista do Club Deportivo Miño-Os Teixugos Luís Fernández Pereira.

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Julio de 2023

Fuente: Rosa Fernández Carrera

Os Xogos Europeos 2023 é a terceira edición dunha especie de pre-olimpíada que se celebra cada catro anos. Nesta ocasión a sede elixida foi Cracovia, onde, entre o 21 de xuño e o 2 de xullo se deron cita uns 7000 deportistas de 48 países.

O piragüismo de slálom, ao ser modalidade olímpica, tamén estivo presente, concretamente do 29 de xuño ao 2 de xullo celebráronse as distintas competicións. Entre os 12 representantes do equipo nacional atopábase o deportista do Club Deportivo Miño-Os Teixugos Luís Fernández Pereira.

O deportista de Salceda pertencente ao Deportivo Miño comezou a súa participación o venres 1, buscando unha praza en semifinais de canoa masculino. No primeiro intento Luís fixo unha baixada algo lenta e con toques que o deixaron lonxe de postos de semifinais. Na segunda tentativa mellorou moito o tempo, e aínda que estaba dentro dos mellores, oito segundos de penalización por toques deixárono fóra, a apenas tres postos de conseguilo. Na clasificación final rematou trixésimo terceiro, un posto lonxe das súas aspiracións, pero o slálom é un deporte no que o máis mínimo erro se paga caro.

Outros dous representantes galegos, do Club Penedo de Tui, estiveron tamén no evento, os dous na modalidade de C1. Ainhoa Lameiro que rematou tamén trixésimo terceira e Daniel Pérez que conseguiu un posto nas semifinais e rematou vixésimo sexto.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí