Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Trail Adventure Muíños do Folón amosará a súa cara máis solidaria

A proba contará cunha fila 0 e cun stand con artigos de merchandising a favor da Asociación Española contra o Cancro

A proba contará cunha fila 0 e cun stand con artigos de merchandising a favor da Asociación Española contra o Cancro

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Enero de 2024

Fuente: Concello do Rosal

O Trail Adventure Muíños do Folón amosará nesta nova edición a súa faciana máis solidaria recadando fondos a favor da Asociación Española contra o Cancro. O vindeiro 3 de marzo máis de 500 corredores e corredoras poderán desfrutar das paisaxes e lugares etnográficos declarados como Ben de Interese Cultural ao tempo que achegan o seu gran de area.

A organización desta proba deportiva ven de habilitar unha fila 0 a través da que as persoas que o prefiran poidan colaborar sen participar na carreira. Todo o importe que se recade a través desta forma de inscrición será destinado a fins benéficos. Ademais, co fin de incrementar o carácter solidario do evento a favor da AECC, haberá un stand con artigos de merchandising que poderán mercar participantes e público.

O evento contará con dúas modalidades: a Advance, de 21 quilómetros e 950 metros de desnivel, e a Adventure, de 12 quilómetros con 450 metros de desnivel. Os e as corredoras poderán elixir entre estas dúas carreiras e realizar aquela que mellor se adapte ás súas preferencias e condición física.

As inscricións da que será a sétima edición deste trail xa están dispoñibles a través da páxina web da carreira, na que tamén se poderá colaborar rexistrándose na fila 0.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí