Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O TUDENSE SAMUEL DIZ ESTREARÁ -ATARDECER PARA GUITARRA- ESTE VENRES NA PROGRAMACIÓN DE -ATARDECER NO GAIÁS-

Na segunda semana de Atardecer no Gaiás, a praza central da Cidade da Cultura acollerá, a partir das 21:00 horas e totalmente de balde, as actuacións do trío Talabarte, Samuel Diz e a banda compostelá Sinestesia

Neste proxecto, tres dos músicos indispensables da escena musical galega propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e doutras latitudes xunto a composicións propias. - Foto de: Jose Luis Luque Puertolas

Fecha: 11 de Julio de 2014

Fuente: www.xunta.es

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria combinará folk, guitarra clásica e rock para animar as tardiñas deste xoves, venres e sábado. Na segunda semana de ‘Atardecer no Gaiás', a praza central da Cidade da Cultura acollerá, a partir das 21:00 horas e totalmente de balde, as actuacións do trío Talabarte, Samuel Diz e a banda compostelá Sinestesia.

Tras a estrea a cargo de Sensacional, a Orquestra de Cámara Galega e Grampoder, este xoves, 10 de xullo, chega ao Gaiás o trío folk Talabarte, a nova proposta musical de Quim Fariña, Pedro Pascual e Kin García.

Neste proxecto, tres dos músicos indispensables da escena musical galega propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e doutras latitudes xunto a composicións propias. Todo aliñado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz pasando polo tango ata a tradición musical europea. Contemporaneidade e tradición, xuntas nun concerto diferente, sen deixar de mover os pés nin deixar indiferentes aos sentidos.

Estrea de Samuel Diz
O venres, 11 de xullo, a praza central do Gaiás será o escenario elixido por Samuel Diz para estrear o seu inédito ‘Atardecer para guitarra'. O coñecido guitarrista galego reivindicará a figura do músico Juan José Mantecón (Vigo, 1895- Madrid, 1964), un dos integrantes do denominado ‘Grupo de los Ocho', que en novembro de 1930 ofreceron na madrileña Residencia de Estudiantes un concerto único no que buscaron unha nova linguaxe artística a partir da forte pegada que Manuel de Falla e Federico García Lorca imprimen na súa personalidade.

Samuel Diz, que vén de publicar a súa investigación ‘Guitarra clásica galega' co selo Ouvirmos, renderalle unha homenaxe a esta figura "inxustamente esquecida" ao tempo que nos proporcionará un ‘Atardecer' único e inesquecible.

Sábado de rock
Para rematar a semana, a Cidade da Cultura contará coa presenza de Sinestesia. Un grupo que vai o blues de Chicago á psicodelia dos sesenta de Hendrix ou The Doors pasando por suaves matices de jazz, soul e a mellor canción de autor estatal de tradición rockeira. A banda compostelana chega a ‘Atardecer no Gaiás' co seu primeiro disco baixo o brazo, cheo do mellor rock actual.

 

Servizo especial de bus urbano
Todos os concertos de ‘Atardecer no Gaiás' teñen lugar na praza central da Cidade da Cultura a partir das 21:00 horas e a entrada é de balde. Cunha duración entre 60 e 90 minutos, os asistentes a ‘Atardecer no Gaiás' poden baixar ata o centro de Santiago ao finalizar os concertos grazas a un servizo especial do autobús urbano C11: os xoves e venres sae do Gaiás ás 22:45 e os sábados e festivos ás 22:50.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones