Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O VENRES 26 DE XUÑO DE 2015 TIVO LUGAR NO BARCO DE VALDEORRAS A PRESENTACIÓN OFICIAL DA XXV FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA

Como cada ano o Concello da Guarda presentou oficialmente a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira e trasladouse ata o concello ourensán do Barco de Valdeorras.

Como cada ano o Concello da Guarda presentou oficialmente a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira e trasladouse ata o concello ourensán do Barco de Valdeorras.

Fecha: 27 de Junio de 2015

Fuente: www.aguarda.es

Como cada ano o Concello da Guarda presentou oficialmente a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira e trasladouse ata o concello ourensán do Barco de Valdeorras.

Moitos veciños ourensáns ó longo dos anos teñen escollido A Guarda para pasar os días de verán. Esta vinculación continúa coas novas xeracións: as nosas paisaxes, as nosas praias, as nosas festas, a gastronomía, ... conquistaron e seguen conquistando aos galegos do interior.

En agradecemento os nosos veciños ourensáns o Concello da Guarda escolleu O Barco de Valdeorras polo súa importancia na comarca e na área xa preto de León.

A presentación tivo lugar no Multiusos na Praza do Concello onde estiveron presentes do concello do Barco de Valdeorras, o Tenente de Alcalde, a Concelleira de turismo e o Concelleiro de Deporte. Ademais do Presidente da Centro Comercial Aberto, do presidente da Asociación de Empresarios, responsables das axencias de viaxes e os medios de comunicación de prensa escrita e radio. A comitiva da Guarda estivo encabezada polo Alcalde da Guarda, D. Antonio Lomba, xunto coa Concelleira de Turismo, Dona Montserrat Magallanes, e o Concelleiro de Patrimonio, D. Xabier Crespo. Ademais de tres representantes dos restaurantes que participan na festa.

O acto comezou coa intervención do Alcalde da Guarda quen agradeceu a acollida dos representantes do Concello do Barco e continuou realizando unha exposición da Guarda e os seus puntos de interese e así convidando ós presentes e a todos os ourensáns a que coñezan a vila da Guarda. A concelleira de Turismo, dona Montserrat Magallanes, encargouse de explicar os pormenores da festa, os pratos, a ampla programación aínda que non desvelou algunha sorpresa polo 25 aniversario da festa.

Pechou as intervencións a Concelleira de Turismo do Barco, Dona Irene Dacal, quen agradeceu o Concello da Guarda que escollera o Barco para presentar a afamada festa e reafirmou o seu compromiso de visitar A Guarda. O acto rematou coa degustación ofertada polos seis establecementos colaboradores e así as personalidades e medios convidados degustaron a langosta, os pratos mariñeiros con viño albariño, e co doce de excelencia, o roscón de xema.

Nesta presentación convidouse a todos veciños do Barco de Valdeorras, da comarca, e todos aqueles interesados en achegarse os días 3, 4 e 5 de xullo e gozar da FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA. A ampla programación permitirá que todos os visitantes gocen dun fin de semana completo onde degustarán a langosta e máis de 25 pratos mariñeiros e disporán de visitas guiadas, actuacións musicais para todos os gustos, actividades para nenos, ...
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones