Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Xeodestino une a empresas turísticas e sector primario para xerar sinerxías

Xa están abertas as inscricións para participar nestes workshop que se celebrará o 15 de novembro ás 19 h na Finca Remesal de Tui

Xa están abertas as inscricións para participar nestes workshop que se celebrará o 15 de novembro ás 19 h na Finca Remesal de Tui

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Noviembre de 2021

Fuente: EuRural

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño continúa a dar pasos potenciar uns produtos turísticos diferenciados e de calidade. Neste camiño, o vindeiro luns 15 de novembro organizará unha xornada de traballo en rede co obxectivo de poñer en contacto ás diferentes empresas turísticas co sector primario dos 14 concellos do xeodestino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) de cara a impulsar sinerxías  que faciliten a creación de novos produtos turísticos e a promoción do territorio como destino. O encontro será ás 19.00 horas na Finca Remesal, situada en Tui.

Neste taller, as empresas participantes terán aproximadamente unha hora na que poderán establecer contactos comerciais con outros operadores turísticos do xeodestino, favorecendo así as colaboracións. Tamén poderán achegarse ademais a outras empresas do sector primario, tentando abrir así espazos para artellar novas experiencias turísticas. Un encontro no que ir coñecéndose para crear alianzas que dean forma á Ría de Vigo e Baixo Miño como destino turístico. Tras o workshop servirase un cocktail de degustación amenizado cunha actuación musical no que as persoas participantes poderán seguir intercambiando impresións.

As persoas e entidades interesadas en participar poderán inscribirse ou solicitar información chamando ao teléfono 635 814 728.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí