Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O xerente da área sanitaria de Vigo explica aos voceiros de Tomiño a situación sanitaria da comarca

Os representantes dos grupos políticos plantexaron ao mandatario as condicións deficientes da atención primaria no centro de saúde local

Os representantes dos grupos políticos plantexaron ao mandatario as condicións deficientes da atención primaria no centro de saúde local

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Mayo de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Francisco Javier Puente, xerente da área sanitaria de Vigo, visitou onte o Concello de Tomiño, co fin de manter unha reunión cos voceiros dos tres grupos políticos que integran a Corporación Municipal, despois de que se solicitara o encontro en outubro do ano pasado e de que se reiterara a petición varias veces nos últimos meses.

Os grupos políticos da corporación (BNG, PP e PSdG-PSOE) plantexaron a través dos seus voceiros, a situación alarmante na que se atopa o centro de saúde tomiñés ante a falta de persoal e as conseguintes deficiencias na asistencia primaria. Tamén abordaron a reapertura do consultorio de Goián, que leva pechado dende o comezo da pandemia.

Logo da manter a reunión coa alcaldesa e voceiros dos grupos da oposición, Puente conversou con membros da plataforma de defensa pola sanidade pública.

“Agradecemos moito que o xerente se trasladara hoxe a Tomiño, para ter unha reunión que vimos pedindo desde o mes de outubro conxuntamente coa oposición”, explicou en primeiro lugar a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

O xerente da área sanitaria viguesa comentou en primeiro lugar, que gran parte da solución á falta de médicos existente, podería vir a través do protocolo XIDE para a Xestión Integral da Demanda en Equipo, que se está aplicando de forma experimental, polo que os facultativos deixarían de facer tarefas que non sexan exclusivamente médicas.

Respecto á cobertura das prazas, comentou que se emprendería o tema a final do verán, “cousa que agardamos sexa así, xa que nestes momentos están aínda sen cubrir as prazas vacantes ou as substitucións, e cremos que no verán a situación será aínda peor polo tema das vacacións”.

Outro tema que abordaron durante a xuntanza, foi o da reapertura do consultorio de Goián, que se pechou ca pandemia. O xerente comprometeuse a estudar a situación e valorar a reapertura deste punto de atención.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí