Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Oia acolle esta fin de semana o evento -A emoción dos viños-

Haberá dispoñibles 250 entradas (reservas en emociondosvinhos@gmail.com)

Haberá dispoñibles 250 entradas (reservas en emociondosvinhos@gmail.com)

Fecha: 01 de Agosto de 2020

Fuente: Concello de Oia

O Real Mosteiro de Oia acollerá esta fin de semana a décima edición do evento "A emoción dos viños", un escenario impresionante no que achegarse á esencia da terra a través dunha ampla variedade de caldos do país.
"A Emoción dos viños" presentará proxectos indispensables para a vida no rural, sementeira para o futuro da viticultura, e proxectos xa consagrados no olimpo vitivinícola mundial. Elaboracións especiais dun grupo de viticultores que representan, coas súas creacións, os mil matices da viticultura.
Defendendo sempre con firmeza un viño producido dende o respecto, cun traballo sostible na viña e cunha clara idea de calidade e identidade por riba de cantidade e mercado, os viticultores reivindican a sinceridade dos viños limpos elaborados con honestidade e respecto ao entorno e ao consumidor. A través deste evento a organización promove a difusión do pracer e a alegría de gozar duns viños que falan de territorios, de persoas e de emocións.
O horario será de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas tanto o sábado 1 de agosto como o domingo día 2. O prezo da entrada é de 15 euros para unha xornada e de 20 euros para as dúas. Os asistentes recibirán unha copa serigrafiada coa que poderán degustar todos os viños e ademais instalarase unha tenda para todas as persoas interesadas en adquirir algunha botella.
O evento desenvolverase na súa maior parte ao aire libre, nos xardíns e no claustro do Mosteiro, coas máis estritas medidas de seguridade e hixiene. Haberá dispoñibles 250 entradas (reservas en emociondosvinhos@gmail.com), que é o 60% do aforo permitido, co obxectivo de facilitar o mantemento das distancias de seguridade.
Ademais, e tal como di a orde publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 18 de xullo, o uso de máscara será obrigatorio.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones