Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Oia acolle este xoves una mesa sectorial sobre mobilidade

Terá lugar o xoves día 2 de marzo ás 20:00h na Casa Cultural de Pedornes, nun acto aberto a toda a cidadanía.

Terá lugar o xoves día 2 de marzo ás 20:00h na Casa Cultural de Pedornes, nun acto aberto a toda a cidadanía.

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Marzo de 2023

Fuente: Socialistas de Oia

A Casa da Cultura de Pedornes(Oia) acolle este xoves día 2 de marzo ás 20:00h unha mesa sectorial sobre mobilidade, que contará coa participación de Gerardo Rodríguez Refojos, Candidato áAlcaldía de Oia polo PSdeG-PSOE; Gregorio Agís, Deputado Provincial polo PSdeG-PSOE; Iria Lamas, Deputada Provincial polo PSdeG-PSOE e Olga Alonso, Deputada no Congreso dos Deputados.

Nesta mesa sectorial, aberta a toda a cidadanía de Oia, falarase sobre a mobilidade, un dos grandes problemas do municipio e que ten que ser tratado en profundidade para dar con solucións axeitadas que faciliten e melloren a vida dos nosos veciños e veciñas.

Oia conta cun total de 6 parroquias, moitas delas afastadas no rural, polo que é preciso mellorar a comunicación entre elas, facilitando a todos os veciños e veciñas un desprazamento axeitado para poder facer accións tan cotiáns coma acudir ao Centro Médico, facer a compra, ir ao Mercado, desprazarse aos centros de ensino, entre outros.

Tamén é preciso mellorar a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida, tendo constancia de numerosos puntos no nosos municipio onde hai que actuar para facilitar a liberdade de movemento destes veciños e veciñas, mellorando deste xeito a súa calidade de vida.

Dende o PSdeG-PSOE de Oia convídase a todos os veciños e veciñas de Oia a participar nesta mesa sectorial, para coñecer as diferentes alternativas existentes sobre mobilidade e ver a viabilidade das mesmas para poder polas en marcha no noso municipio.

Gerardo Rodríguez valora moi positivamente esta mesa sectorial en Oia, posto que “a mobilidade é un dos problemas fundamentais do noso concello e hai que atopar solucións”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí