Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Oia adhírese ao programa de Vivendas Baleiras e crea os rexistros para ofertantes e demandantes de vivenda

As persoas interesadas poden comezar os trámites para rexistrar unha vivenda no programa ou ben para darse de alta como demandante

As persoas interesadas poden comezar os trámites para rexistrar unha vivenda no programa ou ben para darse de alta como demandante

Fecha: 27 de Febrero de 2020

Fuente: Concello de Oia

O Concello de Oia adheriuse ao programa de Vivendas Baleiras da Xunta de Galicia, que ten por obxectivo poder destinar a alugueiro social vivendas desocupadas, sexan de propiedade pública ou ben privada. Grazas a este programa, as persoas titulares de vivendas baleiras poden ofertar a súa vivenda con garantías e, ao mesmo tempo, se lle dá prioridade de acceso a unha vivenda ás familias con poucos recursos económicos.

Para as persoas propietarias, o programa ofrece vantaxes como un seguro multirrisco do fogar e un seguro da garantía da reclamación do cobro da renda en caso de mensualidades impagadas por parte da persoa inquilina, quedando garantizado o cobro de ata 12 mensualidades impagadas.

A Administración local vén de aprobar as bases reguladoras do programa, polo que as persoas interesadas en dar de alta unha vivenda da súa propiedade ou ben rexistrarse como demandantes xa poden comezar as correspondentes tramitacións. As anteditas bases están dispoñibles para a súa consulta no Concello de Oia.

Pola súa banda, a Xunta de Galicia publica hoxe no DOG as bases das axudas dirixidas as persoas propietarias ou usufructuarias das vivendas en trámite de incorporación no Programa de Vivendas Baleiras.


As primeiras vivendas, en Loureza

As dúas primeiras vivendas de Oia que pasarán a formar parte do programa de Vivendas Baleiras serán as antigas casas de mestres de Loureza, recentemente rehabilitadas ao abeiro dunha subvención de 74.500 euros concedida pola Xunta, dentro deste mesmo programa de Vivendas Baleiras.

Estas vivendas contan con dous dormitorios, un baño, unha estancia de salón-cociña (coa cociña equipada) e un cuarto para a lavadora.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones