Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Oia continúa coa posta en valor do seu patrimonio cunha mesa informativa sobre as salinas do Aguncheiro

A instalación, sinxela e con información moi visual, sitúase en pleno Camiño Portugués da Costa

A instalación, sinxela e con información moi visual, sitúase en pleno Camiño Portugués da Costa

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Junio de 2021

Fuente: Concello de Oia

O Concello de Oia continúa avanzando na posta en valor do patrimonio local, neste caso coa recente instalación dunha mesa informativa sobre as salinas romanas do Aguncheiro, situadas na contorna do Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola parroquia de Mougás.

 

A instalación consiste nun banco construído en formigón e madeira e unha mesa informativa panorámica de 200x60cm e feita en aceiro. Este soporte informativo contén gráficos, ilustracións e textos relativos ao funcionamento e localización das salinas, o contexto histórico e a importancia e usos do sal.

 

Este novo equipamento no concello de Oia foi financiado pola Deputación de Pontevedra, que concedeu unha axuda de 4.225,80 euros (100% do investimento) a través da convocatoria de subvencións para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia para o ano 2020.

 

Situada en pleno Camiño, no espazo comprendido entre a entrada ao antigo cámping Pedra Rubia e unha marquesiña da Estrada Vella no Aguncheiro, trátase dunha actuación sinxela, nada invasiva e realizada en materiais resistentes que minimizan os gastos de mantemento. O obxectivo é facilitar a parada nesta zona de paso (habitualmente frecuentada pola veciñanza, peregrinos e turistas) e, ao mesmo tempo, dar a coñecer a presenza dos restos das salinas e o seu valor patrimonial. Nese sentido, os textos preséntanse accesibles en varios idiomas.

 

Con esta intervención, o Concello dá continuidade aos  traballos de sinalización e posta en valor patrimonial xa realizados noutras zonas do concello, como é o caso do barrio histórico do Arrabal, as proximidades do Mosteiro de Oia, a contorna da capela de San Sebastián ou a posta en marcha da app turismodeoia.mobi con información sobre os distintos recursos do municipio.

 

 

O sal e as salinas

 

Ao longo da costa sur de Pontevedra, entre Oia e A Guarda, e a costa norte de Portugal esténdense un conxunto de salinas costeiras que nos indican unha explotación industrial polo menos desde época romana, por parte das poboacións asentadas nos castros litorais. Esta actividade económica, xunto á pesca e as salgaduras, axuda a entender a alta ocupación do litoral neste espazo xeográfico.

 

A explotación do sal na antigüidade foi unha actividade de primeira orde polo alto valor dese produto, vital na conservación dos alimentos e na elaboración de salgaduras e outros usos “industriais”, como o curtido de peles e a metalurxia.

 

No tocante ás salinas do Aguncheiro, próximas ás instalacións do antigo cámping de Pedra Rubia, o seu acceso verase facilitado a través da rehabilitación das instalacións do antedito cámping nas que o Concello está a traballar.

 

Paralelamente aos avances na recuperación das instalacións do antigo cámping e ás actuacións en materia de sinalización, o Concello tamén aposta pola posta en valor e do propio xacemento arqueolóxico. Nese sentido, traballará na captación de financiamento para a futura consolidación e musealización das salinas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Noticias Oia

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

▲ Subir ▲

versión Web

Infomiño Noticias Baixo Miño
C/Manuel Álvarez nº8A 1ºA - 36780 A Guarda (Pontevedra) info@infominho.comTeléfono: 617 583 508