Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Oia estará representada por Gerardo Rodríguez na nova executiva provincial do PSdG-PSOE

Gerardo Rodríguez Refojos encabezará a Secretaría de Medio Rural, representando ao Municipio de Oia, pondo en valor e defendendo o seu territorio.

Gerardo Rodríguez Refojos encabezará a Secretaría de Medio Rural, representando ao Municipio de Oia, pondo en valor e defendendo o seu territorio.

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Febrero de 2022

Fuente: Socialistas de Oia

O PSdeG-PSOE da provincia renovou os seus órganos colexiados na segunda xornada do 4º Congreso celebrado no Pazo de Congresos Mar de Vigo. A nova Comisión Executiva provincial está integrada por 55 persoas e está moi marcada pola integración e unión de todo o partido. Conta ademais con carácter feminista pola ampla representación das mulleres socialista e unha escolma de militantes de tódalas comarcas.

Gerardo Rodríguez Refojos encabezará a Secretaría de Medio Rural, representando ao Municipio de Oia, pondo en valor e defendendo o seu territorio.

O núcleo da Dirección provincial continúa encabezado por David Regades, que é o primeiro secretario xeral que repite dende que existe o mecanismo orgánico das Primarias. Ao seu lado continúan a silledense Paula Fernández como vicesecretaria xeral de Política; Manel Vázquez, da Illa de Arousa, como vicesecretario xeral de Acción Electoral, e o cañicense Luis Piña como secretario de Organización.

A pontevedresa Paloma Castro, que uniu a súa candidatura á de David Regades, ocupa a Secretaría de Política Institucional nunha listaxe na que repiten 32 nomes e hai 23 novas incorporacións.

O resto dos integrantes son: Marta Giráldez, de Meis, que ocupa á Secrtaría de Igualdade; José Manuel Valcárcel (Pontevedra), Secretaría de Política Municipal; José Antonio Cacabelos (O Grove), Secretaría de Política Autonómica; Paola María (Vilagarcía), Secretaría de Infraestruturas e Mobilidade; Hugo Andrade (Sanxenxo), Secretaría de Dinamización das Agrupacións Locais; Josefina Silva (Vigo), Secretaría da Militancia; Manuel González (Caldas), Secretaría de Coordinación Territorial; Gregorio Agís (Poio), Secretaría de Desenvolvemento Urbano; Iria Lamas (Gondomar), Secretaría de Vivenda; Gloria Blanco (Pontevedra), Secretaría de Promoción Económica; Carlos Gómez (Baiona), Secretaría de Transición Ecolóxica; Manuel Pazos (Marín), Secretaría de Medio Ambiente; Verónica Pichel (Forcarei), Secretaría do Reto Demográfico; Gerardo Rodríguez (Oia), Secretaría do Medio Rural; Emiliano Lage (Forcarei), Secretaría de Política Forestal; Rubé Rial (Nigrán), Secretaría de Industria; Verónica Tourón (Salceda), Secretaría de Emprego; Montserrat Magallanes (A Guarda), Secretaría de Dinamización Económica; Enrique Cabaleiro (Tui), Secretaría da Cidadanía; Israel Mercader (Porriño), secretaría de Persoas con Discapacidade; Lorena Durán (Cerdedo-Cotobade), Secretaría de Economía Circular; Eugenio González (Cangas), Secretaría de Maiores; Tania García (Vilagarcía), Secretaría de Política Social; María Luz Santiago (Marín), Secretaría de Diversidade; Mario López (Lalín), Secretaría de Movementos Sociais; Ainhoa Fervenza (Sanxenxo), Secretaría de Turismo; José Sanmartín (Barro), Secretaría de Emprendemento e Comercio; Leonardo Cabaleiro (Redondela), Secretaría de Pesca; María José Vales (Vilanova), Secretaría de Confradías e Marisqueo; María del Carmen Larriba (Pontevedra), Secretaría de Cultura; Leticia Gallego (Vigo), Secretaría de Ciencia e Innovación; Helena Rodríguez (Vigo), Secretaría de Educación; Violeta Lois (Mondariz), Secretaría de Sanidade; Xoel Souto (Moraña), Secretaría de Deportes; Catalina Oubiña (Vilagarcía), Secretaría de Cooperación ó Desenvolvemento; María Ferreirós (Valga), Secretaría da Memoria Histórica; Alberto García (Catoira), Secretaría de Política Europea; Icía García (Meaño), Secretaría de Política Territorial; Vanesa Fernández (Pontecesures), Secretaría de Comunicación; Amadeo Cuñas (Pontevedra), Secretaría de Seguridade e Emerxencia; Fátima Abal (Cambados), Secretaría de Transparencia e Rexeneración Democrática; Manoel Loureiro (Cotobade), Secretaría de Estudos e Programas; Victoria Alonso (Mos), Secretaría de Formación; Mario Rodríguez (Moaña), Secretaría de Política Sindical; Francisco Santiago (Vigo), Secretaría adxunta á Organización; Gabriel González (Vilagarcía), Secretaría Executiva; Enrique García (Vigo), Secretaría Executiva; Amalia Lago (A Estrada), Secretaría Executiva; Leticia Moscoso (Vigo), Secretaría Executiva; Ángel Rivas (Vigo), Secretaría Executiva.

A nova Comisión Executiva foi apoiada polo 93% dos votos emitidos no Congreso, en tanto que os 150 integrantes do Comité Provincial (sobre un total de 300, no que a outra metade será designada polas agrupacións locais) recibiu un 95% de apoios O Comité de Ética alcanzou tamén un 95% de apoio e, finalmente, o integrante designado polo Congreso para o Comité Federal, Agustín Fernández (Pontevedra), recibiu un 88% de votos favorables.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones