Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Oia homenaxea a Xela Arias cun vídeo interxeracional

Veciños e veciñas de todas as idades recitan poemas da protagonista do Día das Letras Galegas 2021

Veciños e veciñas de todas as idades recitan poemas da protagonista do Día das Letras Galegas 2021

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Mayo de 2021

Fuente: Concello de Oia

Oia homenaxea a Xela Arias cun vídeo no que veciños e veciñas de todas as idades recitan unha selección de poemas da escritora lucense. Con esta iniciativa o Concello quere celebrar o día dedicado ás Letras Galegas, facer un recoñecemento á homenaxeada neste ano e sumarse ás actividades de divulgación da súa vida e obra.

O vídeo interxeracional, no que xente nova, persoas de mediana idade e maiores de diversos puntos do municipio puxeron voz a diversos poemas de Xela Arias, pode contemplarse va web municipal e tamén a través das redes sociais: na canle de Youtube do Concello de Oia e nas contas de Facebook e Instagram da Oficina de Turismo.

Escritora, tradutora, editora e docente, Xela Arias Castaño naceu no ano 1962 en Sarria (Lugo), se ben pasou a maior parte da súa vida en Vigo, cidade onde morreu en 2003. A súa traxectoria está directamente implicada no devir cultural galego dos anos 80 e 90 do século XX como poeta, como tradutora, como activista e como profesional no ámbito da edición.

Xela, a maior de 5 irmáns, pasou en Sarria os seus primeiros anos. Con 7 anos trasládase xunto coa súa familia a Vigo, onde pasará o resto da súa vida.

En Vigo realiza estudos de bacharelato, comeza a publicar en xornais e revistas (Faro de Vigo, Jornal de Noticias de Porto, Dorna, Tintimán, Carel...) e participa en recitais poéticos e diversas iniciativas culturais. No ano 1980 comeza a traballar en Edicións Xerais de Galicia, entre os anos 1990 e 1996 é correctora de estilo e editora das coleccións Xerais Universitaria e Biblioteca de Autores Galegos. Despois de 11 anos de traballo editorial retoma os estudos e en 1996 licénciase en Filoloxía Hispánica. Nos últimos anos da súa vida exerce a docencia en distintos institutos da comarca viguesa.

Obra

O poemario Denuncia do equilibrio foi a súa primeira obra literaria, editada en 1986. A este libro de poemas seguíronlle outros como Tigres coma cabalos (1990), Darío a diario (1996) e Intempériome (2003).

Ademais de dedicarse á creación literaria, a cal tamén inclúe obra en prosa, Xela Arias tamén traballou na tradución ao galego, sendo pioneira neste eido. Entre outras, destacan as súas traducións de escritores como Joyce, Fehnimore Cooper, Roald Dahl, Bram Stocker, Cervantes ou Wenceslao Fernández Flórez.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones