Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Oia, O Rosal e Tomiño entre os concellos que recibirán 34 novos desfibriladores por parte da Deputación de Pontevedra

A institución dota de 34 novos desfibriladores semiautomáticos a outros 20 municipios cos que a Deputación suma xa 103 instalados en 41 concellos

A institución dota de 34 novos desfibriladores semiautomáticos a outros 20 municipios cos que a Deputación suma xa 103 instalados en 41 concellos

Fecha: 20 de Julio de 2020

Fuente: Deputación Pontevedra

A Deputación de Pontevedra ven de aprobar novas achegas aos concellos da provincia destinados á investimentos en equipamentos, emprego e saúde. Deste xeito, a Xunta de Goberno destinará axudas por 600.000 euros para cinco municipios no marco do Plan Concellos 2020, e deu luz verde á contratación por preto de 78.000 euros para o subministro, instalación, a posta en funcionamento e as labores de mantemento de 34 desfibriladores semiautomáticos (DESA) para instalar en espazos municipais de 20 concellos con poboación inferior a 20.000 habitantes.

No que atinxe ao Plan Concellos, case 500.000 euros irán destinados á achegas da Liña 1 de Investimentos para catro concellos. No caso do Grove, recibirá 90.000 euros para realizar á súa aportación ao proxecto "Sanxenxo-O Grove: Polos Turísticos Intelixentes", presentado pola Mancomunidade do Salnés é seleccionado na convocatoria de Red.Es "para dotar aos concellos de instrumentos tecnolóxicos" con destino á mellora dos servizos turísticos.

Doutra banda, Gondomar recibirá 67.000 euros para a instalación dun skate park, mentres que o concello de Bueu percibirá case 134.ooo euros para o financiamento da rexeneración do entorno da igrexa de Ermelo. E por último, Cangas recibirá preto de 194.000 euros para abordar a actuación de acondicionamento na rúa Singulis e a praciña de Singulis, no casco vello da localidade, que está a sufrir unha grande transformación, maioritariamente con recursos da Deputación. Por último, outros 117.000 euros da Liña 3 de Emprego do plan beneficiarán ao concello de Salceda de Caselas, que poderá contratar con esta achega a 12 traballadores e traballadoras.

No que respecta ao novo subministro de desfibriladores semiautomáticos para 20 concellos da provincia, o investimento ascende a 78.000 euros. Trátase da terceira adquisición que fai a institución provincial destes equipamentos e contando coas dúas anteriores son xa 103 os desfibriladores con que contan 41 municipios de menos de 20.000 habitantes. Os 34 novos desfibriladores instalaranse nos concellos de Caldas, Meaño, Moaña, Vilanova, Cuntis, A Illa de Arousa, Sanxenxo, Silleda, Campo Lameiro, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, Oia, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, O Rosal, Tomiño e Vila de Cruces.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones