Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os albergues públicos do Camiño de Santiago ultiman os seus preparativos para abrir de xeito gradual a partir do 1 de xullo

A Xunta e os concellos con albergues municipais coordinan a reapertura dos establecementos, adaptados á nova situación para unha acollida segura

O obxectivo é garantir a atención aos peregrinos e permitir a recuperación do tecido empresarial despois de máis de tres meses de peche pola covid-19

Fecha: 27 de Junio de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

A Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago ultima os seus preparativos para iniciar a reapertura gradual a partir do 1 de xullo, data na que tamén abrirán a Catedral de Santiago e o Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, onde se expide a Compostela que acredita ter culminado a peregrinación. A Xunta de Galicia, a través do programa Camiño Seguro, e os concellos coordinan un proceso consensuado que se iniciará cos albergues máis necesarios, é dicir, aqueles que supoñen máis do 50% do total de prazas de aloxamento en albergues en cada municipio.

Un mínimo de 28 albergues da rede pública prestarán servizo desde a primeira xornada (18 de xestión autonómica, oito de xestión municipal e dous a cargo de asociacións) e irán sumándose novas aperturas progresivamente en función da demanda e a oferta, para o que o Goberno galego, os concellos polos que discorre o Camiño e o propio sector estarán en contacto. Se se detecta unha necesidade, activaranse inmediatamente para prestar servizo, posto que todos estarán listos e en disposición de facelo desde o propio 1 de xullo. En calquera caso, a previsión é que o 1 de setembro todos os albergues estean xa operativos.

O obxectivo conxunto é garantir a atención aos peregrinos en cada itinerario e, ao mesmo tempo, propiciar a reapertura dos establecementos privados, pechados durante este tempo e que recuperen así a actividade económica e os empregos nas súas comarcas. Con esta mesma finalidade, os albergues públicos manterán unha capacidade máxima do 50%, mentres que no resto de albergues permitirase incrementar a porcentaxe ata o 75%.

Todos listos para a reapertura
Un equipo técnico da Consellería de Cultura e Turismo está liderando este proceso, que se intensificou nos últimos días e que se prevé rematar a principios da próxima semana, antes da reapertura da Ruta Xacobea. Neste sentido, mantivéronse xuntanzas cos 17 concellos que xestionan albergues integrados na rede autonómica. Todos eles contan co soporte da Xunta de Galicia para establecer medidas de prevención sanitarias. En concreto, a Xunta estase a encargar de inutilizar as prazas que non serán ocupadas, así como de prover de cartelería, sinalización, mamparas, máscaras para os traballadores, xeles e solucións desinfectantes, dispensadores, papeleiras de pedal, luvas ou bolsas, entre outros.

Con esta mesma finalidade, os albergues privados -cos que o Executivo autonómico ten aberta unha vía de diálogo- dispoñen dunha liña de axudas para o sector turístico, dotada con 5,9M€, que financia a adquisición de material de protección e facilita a adaptación dos negocios aos requirimentos de seguridade hixiénico-sanitaria contra a covid-19.

Programa ‘Camiño Seguro'
Tamén nas últimas semanas impartíronse diversos cursos de formación online en materia hixiénico-sanitaria para albergueiros, nos que participaron máis de 300 profesionais, o que amosa o seu compromiso por ofrecer un servizo de calidade en espazos de seguridade. Igualmente, dispoñen dun servizo gratuíto de asesoramento. As empresas e profesionais que o precisen poden chamar ao 900 815 334 de luns a venres, de 10,00 a 14,00h. e de 16,00 a 20,00h. ou enviar un correo electrónico á info-galiciadestinoseguro@xunta.gal.

No marco do programa Camiño Seguro, a Xunta de Galicia vén traballando en colaboración co Instituto para la Calidad Turística Española (ICTE), que elaborou un manual a disposición dos albergues con indicacións e recomendacións, así como protocolos de prevención. Ao longo dos vindeiros días, o ICTE prestará apoio para mellorar a experiencia do Camiño, axudando nos procesos de contención dos riscos. En cooperación cos concellos, achegará solucións para puntos como oficinas de información, áreas de descanso ou baños públicos, ademais dos propios albergues públicos, propiciando así corredores máis seguros.

Sistema de reservas
Co fin de dar garantías aos peregrinos no actual contexto sanitario, tamén se habilitará nos vindeiros días un sistema online de reservas, que convivirá coa posibilidade de solicitar praza presencial ao chegar ao albergues sempre que dispoña de capacidade. Así, os peregrinos poderán reservar cama desde o día anterior ata as 13,00 horas do día da pernoita. A partir desa hora, se o albergue dispón de prazas libres, estarán a disposición dos peregrinos que cheguen, facéndoo así compatible a reserva previa co espírito de acollida máis tradicional. Esta nova opción facilita a peregrinación poscovid-19 con maiores certezas e confianza.

A previsión é que os primeiros albergues en abrir sexan os seguintes: A Gudiña, Begonte, Betanzos, Boimorto, Carral, Castroverde, Lalín, Laza, Mesía, Miño, Monterroso, Mos, Neda, Ordes, Pontecesures, Pontevedra, Portas, Samos, San Cristovo de Cea, Sandiás, Teo, Trasmiras, Valga, Vedra, Verín, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones