Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os alcaldes e alcaldesas do Baixo Miño negan que a Xunta lles achegase ningunha axuda extraordinaria para afrontar a crise do Covid-19

Aclaran que as cantidades do Fondo de Cooperación Local existen dende os anos 90 nos orzamentos autonómicos como transferencias aos concellos para o seu normal funcionamento

Aclaran que as cantidades do Fondo de Cooperación Local existen dende os anos 90 nos orzamentos autonómicos como transferencias aos concellos para o seu normal funcionamento

Fecha: 20 de Abril de 2020

Fuente: Concello da Guarda

Os alcaldes e alcaldesas que integran a Mancomunidade do Baixomiño (Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda), mantiveron onte domingo pola tarde, unha videoconferencia co fin de adoptar unha postura común con respecto ás declaracións realizadas pola Delegación da Xunta de Galicia en Pontevedra, relacionadas co Fondo de Cooperación Local, coma se se tratase de fondos extraordinarios para afrontar a crise do Covid-19.

Ditas declaracións parécenlles "completamente falsas e oportunistas; unha falta de respecto institucional aos concellos galegos e un uso partidista do Covid-19". Aclaran que en toda esta crise sanitaria os concellos sempre foron "leales institucionalmente por iso non entenden como a Xunta de Galicia anuncia como extraodinarios uns ingresos que xa estaban asignados aos concellos, para o seu normal funcionamento, dende o mes de outubro".

Os rexedores e rexedoras da comarca baixomiñota, coincidiron na necesidade de aclarar á poboación que os fondos de cooperación existen dende os anos 90 nos orzamentos da Xunta como unha asignación aos concellos que se distribúe seguindo criterios obxectivos como poboación, tamaño, número de núcleos de poboación etc., do mesmo xeito que se achegan outras partidas que proveñen do Estado para facer fronte ao normal funcionamento das entidades locais.

Tanto é así, que a devandita transferencia, figuraba xa nos orzamentos da Xunta dende o pasado mes de outubro, polo que os catro concellos que conforman a Mancomunidade do Baixo Miño non recibiron ningunha cantidade extraordinaria para afrontar a crise orixinada polo Coronavirus, senón o que estaba previsto e viña sendo habitual no normal funcionamento das administracións públicas.

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones