Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os concellos da provincia reciben un vergoñento envío de material de autoprotección por parte da Xunta de Galicia

Algúns rexedores anticipan que hai material que ten que ir directamente ao lixo e que non pagou a pena nin o gasto de combustible para ir a recollelo

Algúns rexedores anticipan que hai material que ten que ir directamente ao lixo e que non pagou a pena nin o gasto de combustible para ir a recollelo

Fecha: 26 de Marzo de 2020

Fuente: PSOE Pontevedra

Ridículo, vergoñento e insultante envío de material de autoprotección para os concellos da provincia de Pontevedra, realizado onte "a bombo e platillo" pola Xunta de Galicia. Os alcaldes e alcaldesas de toda a provincia recibiron un "paquetiño" que contén material obsoleto, de pésima calidade e mesmo inservible, con algunhas máscaras rotas, outras caducadas dende 2015 e mesmo luvas non estériles ou de uso para perruquería. "Unha auténtica tomadura de pelo nunhas circunstancias tan dramáticas como as que estamos a vivir nesta pandemia de COVID-19 e nas que, unha vez máis, os concellos se están a converter na primeira liña de batalla" destacan os socialistas pontevedreses que esixen da Xunta de Galicia que se non quere colaborar cos concellos, polo menos non tente utilizalos para a súa propaganda.

Os alcaldes e alcaldesas fan unha apelación á cooperación leal da Xunta de Galicia cos concellos nesta crise sociosanitaria causada polo COVID-19 e pregúntase cando vai aprobar o Goberno galego unha orde de axudas económicas imparciais e obxectivas para os concellos da provincia semellante ás acordadas pola Deputación de Pontevedra, que creou unha partida con axudas específicas por valor de 1,3 millóns de euros e habilitou o adianto do 100% dos 4,2 millóns de euros de tódolos programas sociais e dos 21 millóns de euros da recadación tributaria do ORAL cun fondo de liquidez extraordinario.

Algúns exemplos do material distribuído onte: O Grove recibiu 80 máscaras e 450 luvas; O Porriño, 150 máscaras, 1.600 guantes, unhas gafas e dúas garrafas de lixivia; Tui, 100 máscaras e 550 luvas; O Rosal, 60 máscaras e 350 luvas; Tomiño, 100 máscaras e 650 luvas; A Guarda, 60 máscaras e 350 luvas; Ponte Caldelas, 50 máscaras e dúas caixas domésticas de luvas. E así ata completar a relación de concellos da provincia.

Os alcaldes e alcaldesas lamentaron este novo desprezo da Xunta de Galicia "que cando hai unha situación de emerxencia, xa sexan os incendios de 2017 ou esta pandemia, nunca está". Moitos insisten en que para o que mandaron "case era mellor que non mandaran nada porque hai cousas que hai que tirar directamente ao lixo e o pouco que vale dá para un día ou dous". De feito, moitos dos concellos xa teñen adquirido ou conseguido material pola súa conta en mellores condicións e, sobre todo, en moita máis cantidade. O malestar agrávase polo feito de que os concellos de toda a provincia tiveron que recoller o paquete nas delegacións de Pontevedra e Vigo e asinar un acta de recepción. Algúns alcaldes e alcaldesas cuestionan mesmo que merecera a pena o gasto en combustible.

Os socialistas pregúntanse para que serve o Posto de Mando Avanzado (PMA) que a Xunta de Galicia creou. "Un nome pomposo para un órgano oco toda vez que está presidido por dous políticos oficinistas, como José Manuel Cores Tourís e Corina Porro, cuxa función consiste en ser axentes electorais do PP na provincia aproveitando a súa condición baleira de delegados territoriais". Acusan á Xunta de perverter o Plan de Emerxencias de Galicia (Platerga), que prevé estes PMA como verdadeiros mandos operativos no territorio en situacións de catástrofe "e non como chiringuitos de propaganda". Finalmente, consideran incualificable o comunicado difundido onte pola Xunta, con foto incluída de Cores Tourís simulando facer estes "paquetes da vergoña" para os concellos e anunciando un reparto de medios por toda a provincia que queda, na realidade, nunha entrega de refugallo.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones