Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os empréstitos de libros na Biblioteca de Tui prorrógase até o fin do estado de alarma

Por outra banda, a Biblioteca Municipal de Tui lembra que as persoas dadas de alta na Biblioteca Municipal de Tui e por tanto na Rede de Bibliotecas de Galicia teñen acceso aos fondos dixitais a través da plataforma GaliciaLe

Por outra banda, a Biblioteca Municipal de Tui lembra que as persoas dadas de alta na Biblioteca Municipal de Tui e por tanto na Rede de Bibliotecas de Galicia teñen acceso aos fondos dixitais a través da plataforma GaliciaLe

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Marzo de 2020

Fuente: Concello de Tui

Ante o peche da Biblioteca Municipal de Tui, como medida de actuación ante a situación actual de contención da propagación dos contaxios por coronavirus, a concellería de Cultura, que dirixe Sonsoles Vicente Solla, informa dunha prórroga dos empréstito bibliotecarios. Todos os empréstito que tiñan a data de vencemento a partir do 13 de marzo quedan prorrogados ata o 30 deste mes. No caso de que a situación se alongue, procederase a adiar novamente a data de devolución. Durante este período o persoal de biblioteca atenderá as consultas dos usuarios a través do correo electrónico: biblioteca@tui.gal

Por outra banda, a Biblioteca Municipal de Tui lembra que as persoas dadas de alta na Biblioteca Municipal de Tui e por tanto na Rede de Bibliotecas de Galicia teñen acceso aos fondos dixitais a través da plataforma GaliciaLe (https://www.galiciale.gal/ ). En caso de non ter credenciais dende esa mesma páxina se indica o proceso a realizar. Para calquera dúbida pode poñerse en contacto coa Biblioteca Municipal de Tui a través do correo electrónico.

Se o interesado non é socio da Bublioteca Municipal tudense poderá autorrexistrarse co formulario do OPAC de Koha: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-memberentry.pl

Daráselle un prazo dun mes desde a fin da corentena para que se achegue á biblioteca para obter o carné. Estes lectores terán a categoría "Autorrexistro" e poderán acceder a GaliciaLe. Unha vez rematada a corentena, se o usuario se dirixe á biblioteca para que se lle faga o carné, asignaráselle a categoría que lle corresponda. Se non fai o carné nese prazo, o rexistro eliminarase automaticamente de Koha e o lector deixará de ter acceso a GaliciaLe.

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura. GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o "Catálogo galego" e outro que aloxa o "Catálogo en castelán". As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademais, desde un lector de libro electrónico.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí