Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os irmáns Xosé e Ramón Trigo presentan no Rosal tres novelas gráficas ambientadas no Baixo Miño e na ría de Vigo

O acto será o venres ás 20.00 horas na sala de exposicións do Concello

O acto será o venres ás 20.00 horas na sala de exposicións do Concello

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Noviembre de 2021

Fuente: Concello do Rosal

Os irmáns Xosé e Ramón Trigo presentarán mañá na sala de exposicións do Concello do Rosal tres novelas gráficas ambientadas no Baixo Miño e na ría de Vigo. O acto comezará ás 20.00 horas e esta organizado polo Colectivo Carballas co apoio do Concello. A alcaldesa, Ánxela Fernández, anima á veciñanza a asistir á presentación para desfrutar das grandes historias e ilustracións que se mostrarán nunha exposición que facilitarán os autores.

Os irmán Xosé e Ramón Trigo son, respectivamente, o guionista e o debuxante das tres novelas situadas no sur do Galicia, ambos son da Guarda.  “O burato do inferno” trata sobre o fenómeno do contrabando no Baixo Miño e no norte de Portugal, “Ricardo Mella, o home novo” relata a vida do escritor e pensador libertario, un dos teóricos máis brillantes do anarquismo español e natural de Vigo, e “Lobada” debuxa a historia da II Guerra Mundial en Galicia, concretamente na cidade olívica.

Os irmáns Trigo xa levan varias obras xuntos. Ademais Ramón Trigo como autor e ilustrador publicou en diversas editoriais máis de trinta libros ilustrados. Entre eles: Leviatán” (Premio Lazarillo, Premio Isaac Díaz Pardo, Editorial Kalandraka). “Yo vivía en el fin del mundo” (Premio Cabildo de Gran Canaria, Editorial Edelvives). “Casa vacía” (Premio Ciudad de Alicante, Editorial Anaya).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí