Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os mercados de Tomiño estrean páxina web

Recolle a información sobre os postos das prazas de Tomiño e Goián, así como horarios ou novidades

Recolle a información sobre os postos das prazas de Tomiño e Goián, así como horarios ou novidades

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Marzo de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño pode presumir de mercados municipais do século XXI, tamén na súa forma de comunicarse coa veciñanza. As prazas de abastos do concello estrean páxina web cun deseño moderno, atractivo, limpo e intuitivo que permitirá á veciñanza estar informada de todo o que acontece tanto no mercado de Tomiño como no de Goián. “Os nosos mercados tamén teñen que emprender o camiño da dixitalización porque veñen novos tempos con novos consumidores e consumidoras para os que a vida dixital é importante”, explica a alcaldesa, Sandra González.

Trátase dunha web visual na que teñen cabida as renovadas instalacións das dúas prazas de abastos e a todos os postos que nestes intres están a desenvolver a súa actividade económica en ambos os dous recintos.

A veciñanza poderá atopar información sobre a actualidade dos mercados, os obxectivos, horarios, servizos con información particular de cada un e mesmo modos de contacto tanto coas propias prazas como con cada un dos postos. A web compleméntase co acceso a novas canles de comunicación dos praceiros e praceiras de Tomiño coa veciñanza, como a súa canle de Youtube ou a súa páxina de Facebook, na que van informando aos veciños e veciñas das diferentes novidades.

Son “novas canles de comunicación para dar a coñecer todo o que se está a facer en instalacións que mesturan de forma perfecta tradición e modernidade, espazos vivos no que continuar fomentando a compra de produto local e dinamizando económica e socialmente os núcleos urbanos de Tomiño”.

A nova web dos mercados forma parte do programa de acción de ‘Vive!’, unha campaña posta en marcha polo Concello de Tomiño coa que se busca reactivar a actividade económica e social do municipio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí